Noticias

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo participa nun proxecto europeo de transformación dixital no sector lácteo

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo participa nun proxecto europeo de innovación que procura acelerar a transformación dixital do sector agroalimentario e máis especificamente do lácteo. O CIAM, integrado na Agacal, coordina e dirixe un experimento de innovación centrado na dixitalización de todos os elos da cadea de produción primaria do leite. O obxectivo da iniciativa é implementar melloras en todos os pasos desa cadea, desde a produción de forraxe ata a mestura e manexo do alimento, pasando pola planificación xeral de recursos e por operacións na corte.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural, participa nun proxecto europeo de innovación que procura acelerar a transformación dixital do sector agroalimentario e máis especificamente do lácteo. O CIAM, integrado na Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), coordina e dirixe un experimento de innovación centrado na dixitalización de todos os elos da cadea de produción primaria do leite. O obxectivo da iniciativa é implementar melloras en todos os pasos desa cadea, desde a produción de forraxe ata a mestura e manexo do alimento, pasando pola planificación xeral de recursos e por operacións na corte. Para iso, aprovéitanse os beneficios que brindan as tecnoloxías dixitais, implicando a cinco pemes que proporcionarán produtos e servizos aos usuarios finais, tanto agricultores como gandeiros ou cooperativas, e coa colaboración da USC e de Gradiant.

Deste xeito, procúrase mellorar a eficiencia na utilización dos recursos para a produción de forraxe e a optimización do uso dos recursos propios das explotacións agrícolas combinando datos de múltiples fontes (aérea, climática, análise de chans, etc.). Trátase tamén de incrementar o rendemento da produción animal a través da mellora das condicións de cultivo, coa optimización da mestura de alimento e a alimentación de precisión.

Outro dos obxectivos pasa por aumentar a sustentabilidade do proceso, de xeito que se incremente a inxesta de precisión reducindo a perda de alimento e se mellore o uso dos recursos naturais, mediante o aproveitamento intelixente de xurros para minimizar as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, ao chan ou aos cultivos.

Traballarase, así mesmo, na mellora da monitorización e no manexo das operacións e condicións nas cortes e tamén na optimización da toma de decisións mediante a integración de múltiples fontes de datos na planificación de recursos. Por último, probarase e demostrarase a dispoñibilidade dos produtos e servizos mellorados en condicións reais e sitios específicos (o propio CIAM, o Campus Terra e explotacións leiteiras en condicións reais de traballo). Entre as actividades previstas salienta a utilización de imaxes multiespectrais e da sensorización para a predición da produción e o contido en proteína de cultivos coma o millo, que se desenvolverá en tres parcelas do CIAM.

R., 2019-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES