Noticias

O Programa europeo de cooperación transfronteiriza España-Portugal promove a transformación do sistema loxístico, dos sistemas produtivos 4.0 e o fortalecemento da transferencia tecnolóxica entre Galicia e o país luso

Os proxectos galego-lusos Cologistics, Spin & Up e Mobae veñen de ser elixidos polo Programa europeo de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 para seren desenvolvidos durante os próximos anos. As tres iniciativas, que contan coa axuda financeira da Xunta e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dispoñen dun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros. A segunda convocatoria do POCTEP, que ten como obxectivo principal a promoción do desenvolvemento económico e social do espazo transfronteirizo de España e Portugal, escolleu 96 iniciativas tras pasar un proceso de selección en réxime de concorrencia competitiva ao que se presentaron 295 candidaturas.

Os proxectos galego-lusos Cologistics, Spin & Up e Mobae, impulsados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración con outras entidades, veñen de ser elixidos polo Programa europeo de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 para seren desenvolvidos durante os próximos anos. As tres iniciativas, que contan coa axuda financeira da Xunta e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dispoñen dun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros.

A segunda convocatoria do POCTEP, que ten como obxectivo principal a promoción do desenvolvemento económico e social do espazo transfronteirizo de España e Portugal, escolleu 96 iniciativas tras pasar un proceso de selección en réxime de concorrencia competitiva ao que se presentaron 295 candidaturas. Os programas elixidos recibirán un total de axudas que ascende aos 84 millóns de euros.

A primeira das iniciativas seleccionadas é Cologistics, liderada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, conta cun orzamento total de máis de dous millóns de euros e busca impulsar a actividade loxística no territorio Galicia e Norte de Portugal para lograr o fomento da internacionalización e o incremento da presenza exterior das empresas dos ámbitos da loxística e do transporte, un dos retos da Estratexia de Optimización Loxística de Galicia que está a deseñar o Goberno galego.

O proxecto Spin & Up, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela, céntrase na creación de empresas mixtas e o fornecemento dos Núcleos de Transferencia de tecnoloxía na Eurorrexión, coa xeración e interacción de dous polos, un en Santiago de Compostela e outro no norte de Portugal.

Por último, o terceiro plan de colaboración elixido polo POCTEP é Mobae, proxecto baseado no novo modelo produtivo 4.0 no que a innovación, as novas tecnoloxías e a dixitalización permiten dar resposta ás demandas actuais que afronta a industria. Esta iniciativa, impulsada pola Universidade de Vigo, está dirixida á concienciar ás pemes da transformación total dos negocios da mobilidade, que afectarán fundamentalmente aos sectores da automoción, aeronáutico, TIC e biomecánico da Eurorrexión.

Ao abeiro do POCTEP, o Igape desenvolve ademais, en colaboración con diversos organismos galegos e portugueses, o proxecto ECICII PLUS, co obxectivo de fortalecer a capacidade de internacionalización das pemes galegas e lusas a mercados como México e EEUU, América Latina, os países africanos de lingua oficial portuguesa, China, India, Singapur e Polonia. Está dirixido a sectores estratéxicos como o agroalimentario, o canal Contract e os servizos intensivos en coñecemento.

R., 2019-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (catas-galicia-2025.jpg) O mapa vitivinícola galego artéllase arredor de cinco denominacións de orixe -Valdeorras, Ribeiro, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra- e catro indicacións xeográficas protexidas -Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Val do Miño-Ourense e Barbanza e Iria-, ademais das IXP específicas para bebidas espirituosas -Licor Café, Licor de Herbas, Orujo de Galicia e Augardente de Herbas-. Estes selos certifican a procedencia e o control rigoroso do proceso produtivo, reforzando a confianza do consumidor e permitindo que os produtos agroalimentarios galegos gañen presenza e competitividade nos mercados. A súa trazabilidade e garantía de calidade representan, en conxunto, a esencia do que identifica á Galicia Calidade.
Foto de la tercera plana (electricidade-tendido.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Executivo autonómico 'vai presentar alegacións' á proposta de planificación da rede de transporte eléctrica para o período 2025-2030 presentada polo Estado o pasado mes de outubro xa que 'apenas reserva un 2,8% do investimento total para Galicia'. Rueda resaltou que as comunidades necesitan 'infraestruturas eléctricas modernas e adaptadas á realidade actual do tecido industrial e ao crecemento previsto no futuro'. Nesta liña, lembrou que contar con estas instalacións 'é fundamental para o desenvolvemento económico das comunidades'.

Notas

O Centro de Investigación Mariña da UVigo coordina unha ambiciosa iniciativa transnacional que busca impulsar o despregamento sostible de sistemas de enerxía undimotriz na área atlántica, concretamente nas costas de España, Portugal, Francia e Irlanda. Bautizado como AWESDI, o proxecto pon o foco nas rexións costeiras destes países, xa que comparten un gran potencial da enerxía xerada polas ondas.
Os XII Premios Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia acaba de recoñecer tres estudos que abordan a accesibilidade, a distribución da renda e a pesca na Galicia cantábrica. O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia convocan con carácter anual este certame que distingue traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES