
A pesar da dispoñibilidade de sofisticados métodos para encapsular a carga, estas nanopartículas sintéticas son a miúdo recoñecidas como forasteiras por células fagocíticas, o que provoca unha activación inmune que pode xerar respostas adversas, como unha inflamación, ou que a substancia transportada se acumule en sitios non desexados. Ante este escenario, os vehículos biomiméticos xorden como unha alternativa para evadir as defensas do organismo e mellorar a eficacia terapéutica dos sistemas de entrega.
Aproveitando as súas propiedades homotípicas, estes vectores biomiméticos presentan maior afinidade co microambiente celular ao que se dirixen, o que permite mitigar a resposta inmune e achandar o camiño de entrada, engaden. O achado do CiQUS consiste nunha combinación moi precisa entre lípidos catiónicos (con carga positiva) e neutrais ensamblados en fragmentos de membranas celulares que lle confire ao nanotransportador esta interesante propiedade fusoxénica que propicia a súa fusión coa membrana plasmática. "Estas propiedades fusogénicas xunto ás características biomiméticas dos nanotransportadores permitiunos levar distintos compostos de interese biolóxico ao interior de células vivas, dende pequenas moléculas ata macromoleculas ou nanopartículas", explica a investigadora do CiQUS Ester Polo, membro do grupo responsable do descubrimento, BioNanoTools. A fusión coa membrana permite liberar as substancias no citoplasma de maneira rápida e directa, mellorando a eficacia terapéutica do sistema de entrega e a biodispoñibilidade dos compostos que transporta.
BioNanoTools especialízase no desenvolvemento de materiais multifuncionais con aplicacións en medicina e bioloxía. Neste caso, os e as investigadoras conseguiron dotar ao novo sistema dunha dobre funcionalidade que busca aumentar a especificidade e seguridade na entrega de fármacos respecto a outros métodos convencionais: "Estes nanotransportadores derivados de células cancerosas presentan unha alta selectividade, que vén dada polas súas propiedades homotípicas, xunto á capacidade fusoxénica que implementamos a través dunha combinación específica de lípidos e que permite a liberación da carga de maneira moito máis eficiente", conclúe a investigadora.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.