Actualidad de Tecnología

Noticias tecnologia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia este luns, 18 de febreiro, a formación das 180 persoas que se matricularon nestes días no curso de teleformación preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de maio. O curso de preparación de 190 horas de duración impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento. Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática».
O 78,8% dos galegos e o 78,1% das galegas utilizaron Internet nos últimos tres meses. Esta diferenza de apenas 0,7 puntos sitúa a fenda dixital de xénero en Galicia no valor máis baixo desde que se rexistras datos neste ámbito. É unha das principais conclusións do estudo monográfico A Sociedade da Información dende una perspectiva de xénero, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O informe recolle un descenso de 2,3 puntos porcentuais respecto ao ano anterior en Galicia, que se distancia tanto da media española, situada en 1,8 puntos, como da media da Unión Europea que está en 3 puntos.
O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades, de 13 concellos e a Deputación da Coruña, lanza a súa terceira edición coa meta de consolidar a comunidade de youtubeir@s que naceu, participou e medrou ao abeiro desta iniciativa nos últimos anos. “Este obxectivo únese así á esencia última do proxecto @s, que non é outra que promover e darlle visibilidade ao uso do galego a través de Youtube”, sinalou a coordinadora do proxecto, Mónica Fernández Valencia, quen presentou na Facultade compostelá de Ciencias da Comunicación o groso de actividades desta edición.
O programa Principio está destinado a impulsar a contratación de persoal mozo e cualificado por parte de empresas e organismos de investigación, para abordar actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación. O obxectivo é conseguir que os centros tecnolóxicos poidan incorporar talento e novos investigadores ao seu cadro de persoal, mediante a contratación de 110 persoas durante un período mínimo dun ano, para o que se outorgarán axudas de 10.000 euros por contrato. O desenvolvemento de proxectos de I+D permitiu que Galicia fora en 2017 a segunda Comunidade Autónoma de España onde máis creceu o gasto de I+D no eido empresarial.
A idade é un dos factores determinantes no uso da internet. En Galicia os maiores de 55 anos representan preto do 40% da poboación e nese punto márcase unha importante fenda no acceso á rede. De feito, a porcentaxe de uso entre os galegos de menos de 44 anos sitúase en valores próximos ao 100% mentres que os que maiores de 55 non chegan ao 65%. A pesar dos case 40 puntos de diferenza entre ambas as franxas de idade, no últimos sete anos esta fenda foise acurtando significativamente.
A iniciativa persegue desenvolver un sistema modular que permita o uso de enerxías limpas en rexións remotas, preparado para operar en climas extremos e que sexa simple en canto á súa instalación, despregue e traslado. O proxecto está liderado polo grupo lucense Norvento, coa participación da enxeñería naronesa e a consultora de I+D TEMHA. Existen no mundo zonas afastadas onde as necesidades de enerxía eléctrica se abastecen con combustibles fósiles (zonas de Rusia, Escandinavia, o norte de América, o centro de África ou Latinoamérica).
A chamada Ciberseguridade ou seguridade informática é un terreo de estudo a día de hoxe imprescindible tanto a nivel particular coma empresarial ou institucional, pois compromete cuestións tan sensibles coma poden ser a privacidade, a protección dos datos de corporacións de todo tipo e mesmo segredos de Estado, por citar tan só algúns exemplos da amplitude de implicacións que o termo conleva.
Este mércores tivo lugar o acto de presentación, no Polígono Industrial da Granxa, no Porriño, do Centro Tecnolóxico Galego do Videoxogo. O Centro nace co obxectivo de servir de punto de encontro para todos aqueles proxectos que teñan como base os videoxogos pero tamén, como transferencia tecnolóxica desde o sector do videoxogo cara a outras empresas e industrias. Actualmente o centro conta con 6 traballadores en persoal e, a previsión é crecer ata os 20 traballadores en 2019 aumentando os actuais proxectos e servizos que pon o centro a disposición das empresas de videoxogos e da industria en xeral.
Presentouse en Ourense a Unidade Mixta Centro de innovación galego de sistemas avanzados de tratamento de augas (CIGAT)-Biofactoría, unha alianza estratéxica entre a empresa Viaqua e o Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua) que comeza a súa fase de consolidación, na que se investirán 1,86 millóns de euros. O proxecto inclúe a proba na estación depuradora da cidade das Burgas dun prototipo demostrativo das tecnoloxías desenvoltas, que permitirá avanzar na obtención de enerxías a partir dos residuos da auga.
A Amtega e R veñen de lanzar os 5 retos do programa startups R DiCo Challenge, que xa están publicados na web da aceleradora dixital do operador galego. Os emprendedores e empresas novas ou consolidadas que queiran participar poden presentar as súas propostas a través do formulario habilitado neste portal ata o vindeiro 8 de febreiro. A posta en marcha desta aceleradora, que foi presentada a finais de novembro na Coruña polo director xeral de R e a directora da Amtega, enmárcase no Plan DiCo Mindset da Xunta, para contribuír a configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo.
« Anterior | 38  de  60 | Siguiente »

Notas tecnologia

Que unha persoa galegofalante poida interactuar co mundo dixital na súa lingua precisa do desenvolvemento da tecnoloxía que o faga posible e para que esta tecnoloxía entenda e fale galego son necesarias gravacións de voces (datasets), que permiten adestrar os algoritmos de intelixencia artificial que usan os axentes conversacionais por voz, en dominios como, por exemplo, a saúde ou os trámites administrativos, que resultan especialmente necesarios no caso das persoas maiores ou con algunha discapacidade.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, os días 9 e 10 de marzo, as xornadas sobre a Web: Creatividade Científica, Innovación Tecnolóxica e Sociedade, que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía en colaboración coa Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia de España.
Datos, electrónica e toponimia serán os tres eidos temáticos sobre os que pivotará a primeira Nerd Nite de 2023. A Nave de Vidán acollerá o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a próxima sesión destas charlas científicas, coordinadas polo catedrático da USC Jorge Mira, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.
A proxeria, tamén coñecida como síndrome de Hutchinson-Gilford, é un trastorno xenético progresivo, extremadamente raro, que acelera o envellecemento dos nenos e que comeza nos primeiros dous anos de vida. Un equipo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), liderado por Ricardo Villa Bellosta, acaba de obter financiamento para investigar durante dous anos esta rara enfermidade.
A investigadora do CITIC Verónica Bolón lidera desde a UDC o estudo sobre os denominados algoritmos verdes, no marco do recente plan nacional aprobado polo Goberno a finais do pasado ano e que desenvolverá, ata o 2025, solucións TIC aos desafíos ecolóxicos baseadas en intelixencia artificial (IA). O proxecto de investigación dá resposta ademais a un dos obxectivos da futura AESIA sobre o uso responsable co medio ambiente da IA.
Este venres, a Praza do Bispo Cesáreo, situada no centro da cidade de Ourense, acollerá unha nova edición da feira divulgativa eXXperimenta en Feminino, organizada pola Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Ourense co apoio do Concello de Ourense. En 13 postos abertos ao público, as persoas interesadas poderán achegarse a “descubrir a maxia da ciencia da man das investigadoras do campus de Ourense”.
Similares ás redes privadas informáticas, as redes privadas 5G permiten crear unha rede de telecomunicacións para un uso específico dentro dun espazo concreto, tanto interior –unha fábrica, un almacén, etc- como exterior -o campus, o porto, etc.-, pero sen cables de por medio, xa que as comunicacións se realizan a través de antenas e dispositivos 5G que se comunican entre si de xeito 'inmediato, estable e constante'.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, presentaron a Rede de centros e unidades de I+D+i da UDC, recentemente constituída co obxectivo de reforzar as estruturas dos centros de investigación existentes de forma que se potencie a investigación e a competitividade dos mesmos.
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC coordina unha rede europea de innovación de modelos de negocio agroforestal ao abeiro do proxecto AF4EU, un programa Horizonte Europa coordinado pola catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, Rosa Mosquera e dotado con 2.996.460 euros de financiamento, que centrará a súa actividade ata decembro de 2025 no estudo das cadeas de subministración e na análise da trazabilidade ambiental das producións agroforestais europeas.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte na Cidade das TIC da Coruña no acto de presentación dos primeiros avances do que será o maior estudio audiovisual virtual de España xunto con María González Veracruz, secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Julio Abalde, reitor da UDC, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual de Galicia.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES