
Así asináronse convenios coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); con sete Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), Bricolabs, GALPon, Ghandalf, GPUL, Makers Lugo, Melisa e XeoPesca; e co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas. Así mesmo, o acordo de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática (CPETIG) inclúe tamén unha actuación específica para o fomento do Software Libre como a celebración.
Os acordos asinados permitirán a realización dun total de 46 actuacións que inclúen dende a tradución de Software Libre, a organización de xornadas, cursos, obradoiros, o fomento do software libre en proxectos de cooperación ou solidariedade social ou a formación en Software Libre nas Universidades.
Cómpre destacar este ano a inclusión do Programa Girl STEM para a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas sempre dende o software e cultura libres. AGASOL organizará unha serie de actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas ás nenas de entre 14 e 18 anos para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades cara estudos STEM.
Software Libre na Administración
No ámbito da administración a Amtega continúa promovendo o emprego de tecnoloxías libres en proxectos de calado para a Administración reforzando a súa posición como referencia e exemplo de políticas de eficiencia e bo uso de tecnoloxías libres grazas á implantación de solucións de software libre na súa infraestrutura tecnolóxica coa consecución de aforro e mellora de produtividade, Así mesmo, mantén o seu compromiso de liberación de dúas novas solucións TIC desenvolvidas pola administración pública galega a fin de facilitar a súa reutilización por outras administracións.
Software Libre na empresa
No ámbito empresarial, as actuacións están dirixidas a promover o uso de solucións libres de calidade que permitan ás nosas empresas mellorar en eficacia e competitividade. Un ano máis é o Centro Demostrador TIC o elemento vertebrador das mesmas. Para reforzar a presenza das solucións libres no CDTIC, a Amtega colabora con AGASOL para ofrecer unha serie de xornadas de difusión de solucións TIC libres.
Así mesmo, o CDTIC Virtual incorporará unha nova solución de facturación web, FacturaScripts e continuarase coa difusión de solucións empresariais libres a través do portal mancomun.gal, con artigos tecnolóxicos, novas, entrevistas así como o boletín mensual de Software Libre empresarial.
Software Libre para a cidadanía
Finalmente entre as actuacións dirixidas á cidadanía en xeral, destacar que se seguen potenciando as tecnoloxías libres dentro dos programas de alfabetización e capacitación dixitais da rede CeMIT así como no resto de iniciativas recollidas no Plan de Inclusión Dixital de Galicia.
Vén de convocarse o XI edición do Premio ao mellor traballo universitario de fin de grado con Software Libre en colaboración co CIXUG, que integra as tres universidades, e tamén coa participación da Asociación GPUL.
Por suposto é neste eido onde se desenvolverán a maior parte das 27 actuacións que se executarán ao abeiro dos convenios de colaboración asinados cos axentes do ecosistema de software libre de Galicia.
Balance do Plan de Software Libre 2017
Xunto co plan 2018 publícase tamén o balance das actuacións de fomento do software libre desenvolvidas pola Amtega e en colaboración cos distintos axentes durante o ano 2017.
No ámbito das administracións públicas, destaca o proceso de migración progresivo dos postos de traballo cara ao paquete ofimático corporativo LibreOffice, quedando consolidado este como o software a empregar dentro dos criterios corporativos para a homoxeneización dos postos instalados. Así mesmo liberáronse dous novos proxectos como software libre por parte da Xunta de Galicia, no que destaca ademais a colaboración directa coa comunidade de Ansible contribuíndo directamente upstream.
No relativo ao sector empresarial, no ano 2017, o 75% das actividades do CDTIC foron relativas a tecnoloxías libres o de carácter tecnolóxico neutro, como metodoloxías, mercadotecnia, etc. O software libre segue a medrar en presenza dentro do tecido empresarial, como se demostra a través dos estudos do Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia (OSIMGA). Nos datos correspondentes ao ano 2017 amósase una tendencia crecente no emprego de software libre, chegando xa ata case un 55% nas empresas de menos de 9 empregados, e ata máis do 88% nas de máis de 10 empregados.
No tocante á cidadanía cómpre resaltar as actuacións desenvolvidas en colaboración cos axentes do software libre en Galicia, con máis de 100 activades en diferentes puntos de Galicia, relacionadas con diferentes temáticas tanto no ámbito do software como do hardware libre, e totalmente abertas para todo o mundo.
No tocante á formación a empresas e cidadáns, a través dos diferentes recursos cos que conta a Xunta de Galicia (Rede CeMIT, CNTG, EGAP, CDTIC, etc...) e os distintos axentes implicados impartíronse máis de 55.000 horas de formación en software libre a máis de 50.000 persoas.
O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.