Noticias

Publicado o Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia 2018

O 60% das empresas TIC galegas sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC, especialmente pola carencia de candidatos coa formación precisa. A pesar destas dificultades, o 24,4% das empresas TIC galegas ten previsto contratar novo persoal relacionado co ámbito tecnolóxico nos vindeiros anos, un 4,3% máis que o ano anterior. O informe sinala que preto do 34%. do persoal do sector ten titulación de grao superior ou media e o 27,2% dos empregados posúe ciclos formativos relacionados coas TIC.

Así se recolle no “Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2018” que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Cifras macroeconómicas do sector TIC positivas

O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 2.579, o que supón a creación de 142 novas entidades (un 5,8% máis) e mantén a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas tecnolóxicas.

O sector TIC galego deu emprego a 16.866 traballadores no ano 2017, un 4,8% máis que o ano anterior. O volume de negocio das empresas TIC galegas acadou os 2.643 millóns de euros no ano 2017, cun aumento do 4,8% con respecto ao ano 2016.

Actividades de I+D+i

O estudo sinala que unha de cada tres empresas TIC galegas (o 34%) realizaron actividades de I+D+i durante os 3 últimos años, medrando en 3 puntos porcentuais respecto ao ano anterior. Entre as empresas TIC que realizaron actividades I+D+i, un 65,2% obtivo resultados comercializables. Cabe salientar que se incrementa, tamén, a cooperación entre empresas para realizar actividades de innovación, superando o 20%.

Cara unha Internet móbil e ultrarrápida

Un ano máis increméntase a velocidade de conexión a Internet que teñen contratadas as empresas TIC galegas, de xeito que o 56% posúe xa velocidades superiores a 100 Mbps, un 9,8% que ao ano anterior.

A tecnoloxía de acceso a Internet máis contratada polas TIC galegas é a banda larga móbil, presente en máis da metade das empresas do sector (54,2%) cun aumento do 26,6% no último ano.

En conexión directa co incremento da contratación de banda larga móbil, obsérvase que crece a porcentaxe de empresas de empresas TIC galegas que encargaron un desenvolvemento específico de software para plataformas móbiles (do 12,1% ao 15,5%) e as que ofrecen este servizo (do 28,9% crece ata o 31,1%).

Madurez tecnolóxica

Continúa o incremento dos envíos de facturas electrónicas, acadando o 44% no último ano, un 14,3% máis que o ano anterior. Neste ano tamén aumentaron tanto a dispoñibilidade de ferramentas ERP nas TIC galegas (do 29,8% ao 32,2%), como as ferramentas CRM (do 29,3% ao 31,4%).

A presenza en redes sociais crece ata o 42,4%. Respecto ao comercio electrónico, o 26,1% das empresas do sector vendeu a través de Internet, un 6,1% máis que o ano anterior.

Tres de cada catro empresas TIC galegas (76%) realiza trámites coas administracións de xeito electrónico, 5,5 puntos porcentuais máis que o ano anterior. Ademais, o 63,4% das empresas TIC galegas empregan a sinatura dixital, cun crecemento de 9,9 puntos porcentuais no último ano.

Nesta edición da enquisa ás empresas TIC de Galicia é especialmente significativo o auxe das tecnoloxías Cloud, que facilitan as empresas o uso de recursos compartidos e configurables a través da rede. O 56,3%, emprega servizos Cloud, 12,4 puntos máis respecto ao ano anterior

Perspectivas futuras

Un 45,6% das tecnolóxicas galegas consideran que a súa situación é de consolidación e un 16,7% de expansión. En relación á situación do sector TIC para os vindeiros tres anos, unha de cada tres empresas TIC galegas percibe que a evolución do sector será expansiva nos próximos tres anos (36,4%), e preto da metade considera que a evolución continuará estable (49%).

No apartado de formación, aumenta lixeiramente ata o 32,5% a porcentaxe de empresas do sector TIC que formaron aos seus traballadores en tecnoloxías da información e da comunicación.

R., 2018-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES