Notas de prensa

A UDC abre en Ferrol un aula de formación en transformación dixital do sector naval pioneira en España

A Universidade da Coruña posiciónase na élite da formación naval tras asinar un acordo con Siemens para poñer en marcha unha Aula no Campus Industrial de Ferrol coa que impulsar a formación en transformación dixital do sector. O reitor, Julio Abalde, e o director do Centro de Excelencia do Sector Naval (CESENA) de Siemens, Javier Fernández, asinaron o convenio de colaboración para a dotación dunha aula específica coas ferramentas de Siemens para a construción naval.

Esta aula pioneira foi inaugurada, posteriormente, polo vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e o reitor da UDC, Julio Abalde; e contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, así como de Javier Fernández, director do CESENA, e o director de Navantia Ría de Ferrol, Eduardo Dobarro.

Asistiron tamén outros directivos e representantes de Siemens, Navantia, da Universidade da Coruña e do Campus Industrial de Ferrol e as principais empresas e clústers da comarca de Ferrol.

Os contidos desta aula, bautizada Navantia-Siemens, estarán aliñados coas soluciones tecnolóxicas ‘end to end’ que Navantia xa implementa no seu programa de transformación dixital e coas ferramentas que se incluirán no recentemente aprobado PERTE Naval. A aula forma parte dun dos eixos estratéxicos do CESENA, a formación. Recentemente este Centro lanzou o programa educativo Marine Digital Twin, que ten como obxectivo certificar aos profesionais da industria naval arredor de todas as tecnoloxías relacionadas co Xemelgo Dixital e Estaleiro 4.0.

O acordo coa Universidade da Coruña está baseado neste programa formativo e o obxectivo é que o Campus Industrial de Ferrol conte con todas as tecnoloxías que Siemens integra no seu portfolio Xcelerator. O estudantado poderá formarse nas ferramentas de deseño naval, como son NX ou Foran; de simulación e validación do deseño, entre as que se inclúen Star CCM+ ou Heeds; de simulación do estaleiro, como é o caso de Plan Simulation; de PLM, como é TeamCenter; de acceso ás plataformas de IoT, a través de MindSphere; e de programación de low code, entre as que destaca Mendix.

Todas estas ferramentas, no contorno do Xemelgo Dixital, permiten a fabricación dun buque completo, desde a súa concepción inicial ou simulación, ata a fase final de servizo e mantemento. Un revolucionario concepto que logra aforrar tempo na posta en marcha dos proxectos, reducir custes e acadar unha maior flexibilidade e eficiencia na produción.

O acordo tamén contempla o acceso á plataforma educativa Xcelerator Academy, que inclúe un completo programa de cursos para que tanto o alumnado como o profesorado poida formarse nas ferramentas dixitais incluídas no acordo.

O reitor explicou que este Aula se enmarca dentro dunha liña estratéxica que a UDC puxo en marcha hai seis anos que é que “a Universidade sexa entendida como unha institución de colaboración para o sector industrial aportando coñecemento, investigación e desenvolvemento”. Froito desta liña estratéxica naceu a Unidade Mixta de Investigación (UMI) da UDC con Navantia, coa que se desenvolveron proxectos do estaleiro 4.0. Abalde subliñou que Siemens, como empresa referente no seu sector a nivel internacional, “é o mellor socio que poderiamos ter para que o noso alumnado salve ese gap tecnolóxico entre a formación que recibe nas aulas e as necesidades do mercado laboral, posto que o estudantado aprenderá coas bases tecnolóxicas que despois usará no seu desenvolvemento profesional”.

Para Javier Fernández, director do CESENA, “non existe transformación dixital da industria naval sen o talento que o acompaña e este convenio é o primeiro paso nesta liña”. “Esperamos que o estudantado da UDC se forme e acceda ao mercado laboral co coñecemento de vangarda que aporta esta Aula”, continuou.

O director de Navantia Ría de Ferrol agradeceu á Universidade da Coruña “esa flexibilidade para detectar as necesidades de Navantia” e destacou que o alumnado do Campus de Ferrol terá unha formación moi útil ao aprender coas mesmas ferramentas coas que se traballa en Navantia.

O vicepresidente subliñou tamén a aposta que se está a facer no Campus polo talento e agradeceu tanto a Navantia como a Siemens e á UDC o traballo conxunto “pola formación de futuro”. Francisco Conde felicitou tamén ao Campus Industrial de Ferrol “por esa vocación permanente de innovación” e avanzou que a Xunta está avaliando a proposta da UDC de creación dun centro de investigación conxunto con Navantia con carácter permanente.

Pola súa banda, ao alcalde de Ferrol aproveitou o acto para demandar da Xunta a constitución dun Clúster da industria de Defensa. Tanto a subdelegada do Goberno como o presidente da Deputación valoraron a importancia desta nova aula para a formación dos universitarios.

Siemens, na súa estratexia de apoio ao sector naval en España, converteuse no seu socio tecnolóxico de referencia durante os últimos anos. O primeiro fito produciuse en novembro de 2019, cando Navantia elixiu á compañía como socio tecnolóxico para afrontar a transformación dixital do Estaleiro 4.0. Unha alianza sen precedentes que aplicaba por primeira vez o concepto de Xemelgo Dixital para a fabricación dun buque completo no novo programa das Fragatas F-110.

Ademais da implantación do CESENA en Ferrol, a aposta de Siemens polo sector naval español culminou coa participación xunto con Navantia e Pymar no Programa de Transformación do Sector Naval, que inclúe a revolución dixital dos estaleiros públicos e privados españois e toda a súa cadea de subministro. Cando se desenvolva este plan, espérase a creación de 1.700 novos empregos de alto valor engadido, cualificaranse en tecnoloxías dixitais a máis de 30.000 traballadores e reduciranse as emisións de CO2 en 50.000 toneladas.

Sobre Siemens Digital Industries

Siemens Digital Industries (DI) é un líder innovador en automatización e dixitalización. En estreita colaboración con socios e clientes, DI impulsa a transformación dixital nas industrias de procesos e discretas. Co seu porfolio de Digital Enterprise, DI ofrece ás empresas de todos os tamaños un conxunto completo de produtos, solucións e servizos para integrar e dixitalizar toda a cadea de valor. Optimizado para as necesidades específicas de cada industria, o porfolio único de DI apoia aos clientes para lograr unha maior produtividade e flexibilidade. DI engade constantemente innovacións ao seu porfolio para integrar as tecnoloxías de vangarda do futuro. Siemens Digital Industries ten a súa sede central en Nuremberg, Alemaña, e conta cuns 75.000 empregados en todo o mundo.

Sobre Siemens AG

Siemens AG (Berlín e Múnich) é un grupo tecnolóxico líder a nivel mundial que desde hai 170 años é sinónimo de excelencia tecnolóxica, innovación, calidade, fiabilidade e internacionalización. A compañía está presente en todo o mundo co foco en infraestruturas intelixentes para edificios e distribución de enerxía, así como solucións de automatización e dixitalización para industrias de procesos ou discretas. Siemens une o mundo dixital e físico para crear valor tanto a clientes como á sociedade. Con Mobility, provedor líder de solucións de mobilidade intelixente para o transporte ferroviario e por estrada, Siemens está axudando a dar forma ao mercado mundial no servizo de pasaxeiros e mercadorías. A través da súa participación maioritaria na empresa Siemens Healthineers, que cotiza en bolsa, Siemens é tamén provedor líder de tecnoloxía médica e servizos de saúde dixitais. Ademais, Siemens ten unha participación minoritaria en Siemens Energy, líder mundial na transmisión e xeración de enerxía eléctrica que cotiza en bolsa desde o 28 de setembro de 2020. No ano fiscal 2020, que finalizou o 30 de setembro de 2020, o Grupo Siemens xerou uns ingresos de 57.100 millóns de euros e un beneficio neto de 4.200 millóns de euros. A 30 de setembro de 2020, a compañía conta con arredor de 293.000 empregados en todo o mundo sobre a base das operacións continuas.

Universidade da Coruña, 2022-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (escenasdocambio-2026.png) Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, na que se rescatan os saberes ancestrais de tres líderes nativos das primeiras nacións americanas.
Foto de la tercera plana (malavidapiormorte.jpg) O Centro Dramático Galego amplía desde esta semana a experiencia de exhibición do seu novo espectáculo, Hamlet, cunha programación paralela que incorpora tres pases de Mala vida e pior morte de Ricardo III, os días 25 de marzo, 1 e 8 de abril ás 20,30 horas, e, por outra, unha nova entrega das ImproVersións a través da proposta A propósito de William, que levará a cabo o colectivo Improversados os domingos 29 de marzo e 5, 12, 19 e 26 de abril á mesma hora. O desenvolvemento desta programación expandida completarase cunha acción especial na véspera do Día Mundial do Teatro, que reunirá o xoves 26 de marzo preto de 73 estudantes de secundaria e ensinanzas escénicas.

Notas

O Consello de Goberno da UDC vén de aprobar a creación do Departamento de Medicina, que estará composto por 10 áreas de coñecemento: anatomía e embrioloxía humana, cirurxía, farmacoloxía, fisioloxía, historia da ciencia, medicina, medicina preventiva e saúde pública, otorrinolaringoloxía, psiquiatría e radioloxía e medicina física. O texto asinado entre as tres universidades, Sanidade e Educación prevé que a descentralización da docencia estea completada no curso 2028/2029.
O campus de Ourense acolle desde este mércores a xornada de lanzamento do proxecto AWESDI, Atlantic Wave Energy Sustainable Deployment Initiative, unha iniciativa transnacional coordinada polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo que busca impulsar o despregamento sostible de sistemas de enerxía undimotriz na área atlántica, concretamente nas costas de España, Portugal, Francia e Irlanda.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES