Actualidad de Tecnología

Noticias tecnologia

O Parlamento de Galicia deu o visto e prace á Lei da Administración Dixital de Galicia, o marco xurídico para consolidar unha administración integramente dixital e universalizar e seu uso e acceso a toda a cidadanía. Complétase así o trámite parlamentario, tras o período de exposición pública e tras ser aprobada na mesa de persoal da Xunta co voto unánime de todas as organizacións sindicais. A lei adapta á realidade do sector público autonómico as obrigas das leis estatais 39 e 40/2015 e aséntase en tres principios; só unha vez, evitando reclamar datos que xa obran en poder da Administración; a proactividade, empregar a información que a Administración ten o cidadán para prestar servizos personalizados e adiantarse ás súas necesidades; e a automatización dos procesos para conseguir unha xestión máis eficiente.
Xa está aberto o prazo de solicitude da segunda edición de 2019 do programa Fábrica Intelixente, que ten como obxectivo apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia, en liña coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 e a Axenda Galicia Industria 4.0. Os destinatarios destas axudas son empresas capaces de liderar proxectos de I+D+i de carácter estratéxico ou agrupacións de empresas e organismos de investigación, ambos con centro de traballo en Galicia. O tipo de proxectos financiables son proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación.
O obxectivo deste Foro é contribuír ao proceso de definición da Estratexia de Desenvolvemento Sustentable española a través de la organización dun espazo de diálogo e reflexión que promova a análise intersectorial e no que se definan propostas concretas en torno a unha visión conxunta do desenvolvemento sustentable e o modelo de país que queremos ser para o 2030. Está organizado pola Alianza ODS UNICEF-Comité Español, OXFAM Intermón e Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e a Rede Española para o Desenvolvemento Sustentable (REDS), en colaboración co Alto Comisionado para Axenda 2030 da Presidencia do Goberno Español.
Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital. Durante esta semana máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, repartidos en 12 grupos de traballo están a facer as súas achegas para definir as liñas de actuación da futura edg2030.
O Catálogo de perfís profesionais de futuro enmárcase no proxecto Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias. O Catálogo é o resultado da primeira fase desta iniciativa, que se completará cunha análise exhaustiva do mapa actual de titulacións do Sistema Universitario Galego e o seu cotexo co Catálogo, unha análise internacional de universidades e titulacións de interese, a definición preliminar de novas titulacións e especialidades, así como con novas actividades participativas e de contraste con expertos do ámbito empresarial e académico que contribuirán a afinar a proposta definitiva de novas titulacións e especialidades universitarias no horizonte temporal 2030.
Profesionais do sector primario, forestal, turístico e tecnolóxico, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan en Ourense as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía á xestión territorial intelixente. Nesta primeira xornada o debate xira en torno á conectividade de altas capacidades, ao incremento da competitividade do sector primario, o reto demográfico, os novos modelos de transporte e a eficiencia enérxica. Estes Foros de Debate, organizados pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, Mar Pereira sinalou que a aplicación das tecnoloxías disruptivas ten un importante potencial para o desenvolvemento económico de España, pero que é preciso minimizar os seus riscos, polo que a regulación e a educación social serán esenciais.
O primeiro premio da VI edición do certame Inventa en galego recaeu no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo por unha serie de apps centradas na empresa que foron titorizadas polo profesor Ángel Acción e elaboradas por alumnado de primeiro de bacharelato deste centro: Esencial, orientada aos servizos que fan máis simple a vida dos anciáns e anciás; BachtoMusic, pensada para a venda de partituras e instrumentos musicais ou para a reserva de estudos de gravación; CicloFood, aplicación de pedimento de comidas a domicilio, e Todo deporte, que permite ofrecer material deportivo. O segundo premio do concurso recaeu no IES Ramón Menéndez Pidal pola app A Tribuna do alumnado e mais por un conxunto de 11 apps de axuda a persoas con discapacidade.
A Materioteca de Galicia está concibida como a biblioteca de materiais de Galicia e será de libre acceso para deseñadores, enxeñeiros, arquitectos, tecnólogos e demais profesionais implicados no desenvolvemento de solucións innovadoras para retos empresariais, así como estudantes destas especialidades. Trátase dun espazo de difusión de materiais innovadores que combina unha exposición e arquivo de mostras clasificadas con servizos especializados para facilitar ás empresas o coñecemento de novos materiais. Os obxectivos da materioteca son dar visibilidade a novos materiais innovadores desenvolvidos en Galicia e ofrecer un espazo de inspiración aos profesionais involucrados no desenvolvemento de solucións innovadoras.
As xornadas profesionais da Maker Faire Galicia terán lugar o 3, 4 e 5 de xullo no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. O obxectivo destas xornadas é achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker e xerar novas sinerxias entre as dúas comunidades. Ao igual que na edición anterior, a feira volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese. As xornadas profesionais organízanse coa colaboración de APD (Asociación para o Progreso da Dirección). Durante os tres días as persoas asistentes poderán consultar os stands das empresas expositoras, ademais dos makers que participan na xa habitual competición de proxectos.
« Anterior | 34  de  60 | Siguiente »

Notas tecnologia

O auditorio Mar de Vigo acolle dende o mércores e ata o venres a cita anual de EUNIS, a organización europea de sistemas de información universitarios. Esta edición, coordinada pola Universidade de Vigo, ten como lema Universidades europeas e transformación dixital. Retos e oportunidades e nela participan 210 asistentes de 24 países, principalmente de Europa.
As infeccións respiratorias bacterianas e virais contribúen significativamente á morbilidade e mortalidade global. Patóxenos causantes de enfermidades como a tose ferina, a pneumonía, a gripe ou a COVID-19 teñen importantes implicacións para a saúde pública. Para combater esta problemática dende etapas temperás da infección creouse o consorcio europeo NOSEVAC, no que participa de maneira activa o CiMUS, da USC.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense acolleu este martes a celebración da xornada Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro. A cita estivo organizada polo Nodo CIBER.gal en colaboración con esta escola da UVigo e co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain), deu a coñecer os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2023, destinados a recoñecer traballos de investigación aplicada, casos de éxito en transferencia de coñecemento e casos de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía. Nesta novena edición recibíronse un total de 31 propostas para as tres categorías do certame.
Vigo convértese deste este mércores e ata o venres en sede internacional do coñecemento en nanociencia e faino grazas á celebración no campus da segunda edición de The Thinking Institute, un encontro coordinado polo catedrático Luis Liz Marzán no que se brinda as e aos participantes a oportunidade de interactuar cos mellores especialistas en nanociencia a nivel mundial e abordar ao seu carón os desafíos que expón a ciencia en nanomateriais.
O grupo de investigación en Sistemas Intelixentes, coordinado polo profesor da USC Alberto Bugarín, acaba de ser recoñecido pola Real Academia Galega de Ciencias co galardón ‘Fernando Calvet Prats’ a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía. Este grupo, pertencente ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), recibe o premio polo desenvolvemento dunha tecnoloxía en minaría de procesos e xeración de linguaxe natural referente a nivel mundial.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra celebran este xoves, 8 de xuño, unha nova sesión do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”, ás 19:00 horas. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o enorme labor científico que se leva a cabo en Galicia.
A sepsis e as infeccións bacterianas son as principais causas de morte en contornas hospitalarias con máis de medio millón de vítimas ao ano. O diagnóstico precoz e o tratamento antimicrobiano adecuado e cedo son de gran importancia. O tratamento eficaz vese obstaculizado polo uso indebido de medicamentos non adecuados por culpa da falta de diagnóstico.
Unha nova edición das Xornadas Tecnolóxicas R -evento de referencia xa para as empresas galegas- celebrarase o martes 13 de xuño na Finca Montesqueiro, en Oleiros (A Coruña), onde se reunirán profesionais e altos responsables de empresas para escoitar as reflexións de expertos/as sobre os profundos cambios que o noso mundo experimentou nos últimos anos.
A oitava edición da conferencia Quantum Information in Spain (ICE-8) serve como punto de encontro para a comunidade científica en información cuántica en España, e incorpora tamén a convidados internacionais desta disciplina. O foro que botou a andar este luns 29 na Facultade de Matemáticas e que se estenderá ata o día 1 de xuño, pon un especial acento en outorgar visibilidade ao traballo dos investigadores e investigadoras máis novas.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES