Notas de prensa

A UVigo acollerá os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks

A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá os días 16 e 17 de decembro os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks. Organizado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto transfronteirizo Emprende Makers, o evento centrarase na innovación e a tecnoloxía, desde unha perspectiva didáctica e práctica, e nel abordaranse temas como a Internet das cousas, robótica, impresión 3D, ciberseguridade e videoxogos.

Decembro Maker Talks foi presentado este mércores nas instalacións universitarias por Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Na súa presentación, os representantes institucionais destacaron que a iniciativa dá continuidade e pulo á sinerxía de colaboración xa existente entre a institución académica e a provincial, neste caso no marco dun proxecto transfronteirizo.

Catro eixes de traballo

A programación dos encontros articúlase arredor de catro eixes. O primeiro deles é Espazos Conectores e nel, as os relatores abordarán desde diferentes aspectos “o camiño que tanto as cidades grandes como as pequenas iniciaron cara á extensión no uso e desenvolvemento das tecnoloxías”, dando protagonismo a entidades e asociacións da sociedade civil que teñen asumido o reto de ofrecer espazos nos que se combina arte, cultura, emprendemento e sectores relacionados coa tecnoloxía (coa creación de centros de coñecemento, laboratorios cidadáns, fab labs, espazos de coworking, ateneos de fabricación dixital, etc).

O segundo dos bloques titúlase Ecosistema Dixital. Do hacker ao maker. A cultura do "facedor", cultura fabricante ou maker, explican desde a organización da actividade, é unha subcultura contemporánea que representa unha extensión da cultura DIY (faino ti mesmo) baseada na creación e perfeccionamento de distintas ferramentas para resolver problemas da vida cotiá. Nesta sesión dos encontros, detallan, presentarase Argalleiros, a guía maker para Galicia e Norte de Portugal, que ofrece “un percorrido polas orixes e a filosofía dun movemento que ten raíces máis profundas nesta eurorrexión do que a primeira vista poderiamos pensar”. Neste bloque tamén se dará a coñecer o estado actual da impresión 3D e algunhas das claves sobre a seguridade na rede da man dun experto hacker.
 
Negocios e Tecnoloxía é o terceiro dos eixes da programación. Nel, da man de profesionais, abordaranse cuestións como as seguintes: son a crise actual e a transformación dixital unha oportunidade para o cambio?; cales son as tendencias no mundo da tecnoloxía?; que nichos de negocio podemos identificar ao noso redor?; as empresas están a adaptar os seus modelos de negocio para enfrontarse aos novos retos, prepararse para o cambio ou abrir novas liñas estratéxicas? ou que podemos atopar en plataformas, redes sociais, metaverso ou intelixencia artificial?. Por último, Decembro Maker Talks centraranse nos videoxogos. “O ecosistema do videoxogo vai máis aló do mero entretemento: está cada vez máis presente na nosa sociedade e é un sector que non para de medrar, tanto en afeccionados como desde o punto de vista económico”, explican desde a organización da cita, na que diversos especialistas se achegará a este sector desde diferentes ángulos.

O panel de convidadas a convidados do encontro é moi amplo, estando membros do coworking e coliving no rural Sende; do Laboratorio Digital Fab Lab de León; da Asociación Española de Empresas Desarrolladoras de Videojuegos e da Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos; de PlayStation Iberia e de Multiversial, Ilux Visual Technologies e Virtual Voyagers. Tamén estarán expertos c como Antonio Fernandes, avaliador de proxectos de innovación e ciberseguridade para a Comisión Europea ou Cristian ‘Espartaco’, general manager en España e Latinoamérica do club Qlash. Na sesión tamén se entregarán os premios do Concurso Talento Maker posto en marcha no marco proxecto Emprende Makers no que se convida a persoas de 12 a 30 anos a presentar as súas propostas “maker”.

Emprende Makers

Decembro Maker Talks forma parte do proxecto Emprende Makers, aprobado na segunda convocatoria do programa Interreg V A España-Portugal (Poctep) 2014-2020 e cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Liderado polo Concello de Ourense, Emprende Makers ten como entidades beneficiarias, na parte galega, á Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, á Deputación de Ourense e á Universidade de Vigo, e por parte lusa ás cámaras municipais de Paredes de Coura, Melgaço e Vila Nova de Famalicão e á Universidade do Minho. O proxecto pretende crear e desenvolver unha rede de emprendemento baseada en centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexion Galicia-norte de Portugal que actuará como un espazo común de innovación tecnolóxica e creativa.

Universidade de Vigo, 2022-12-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES