//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
Investigadores da USC acaban de descubrir un mecanismo de mutación implicado no desenvolvemento dos cancros humanos que pon no punto de mira aos retrotransposóns, rexións de ADN ata agora ignoradas que explican a orixe e progresión de certos tumores e abren novas vías de prevención e tratamento desta enfermidade. O traballo, o maior realizado ata a data no campo da xenómica do cancro, inclúe a análise xenómica de tumores en case 3.000 pacientes e 38 tipos diferentes de cancro. Este traballo enmárcase no consorcio internacional Pan-Cancer, unha iniciativa de enorme envergadura para o estudo das bases xenéticas do cancro, na que participaron durante sete anos preto de 1.000 investigadores de todo o mundo.
A nova iniciativa no Polo Aeroespacial de Galicia, que se desenvolverá a través da colaboración do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), permitirá que as pemes galegas poidan desenvolver nova tecnoloxía e que Galicia siga á vangarda e siga sendo pioneira no desenvolvemento de tecnoloxías e infraestruturas vinculadas aos vehículos non tripulados. O futuro simulador permitirá dar un paso máis pensando no futuro e en abrir novas oportunidades ás pemes e centros tecnolóxicos, para que poidan participar nun novo programa e nova licitación que desenvolverá en Rozas un simulador que vai permitir xestionar o tráfico aéreo tripulado e non tripulado.
Cun investimento de preto de 2,2 millóns de euros, AIRUS servirá para reforzar a aposta de Galicia polo sector aeroespacial que se materializa no Polo Aeroespacial de Galicia, cun investimento público-privado total de 164 millóns de euros e no que están a traballar 400 persoas en máis de 35 proxectos que están a desenvolver 50 axentes. Asemade, estase a traballar xa na continuidade da iniciativa a través dun novo proxecto que se presentará este venres no Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) en Madrid e que está vencellado co U-Space, o sistema de xestión do tráfico de vehículos non tripulados propio da Unión Europea.
A iniciativa relacionada co recoñecemento do ictus, facilitará a detección dos seus síntomas e permitirá aos pacientes recrear situacións reais e experimentar na súa propia pel os síntomas que producen esta enfermidade. Esta ferramenta tamén estará dispoñible para os profesionais sanitarios do Sergas co obxecto de facilitar a súa aprendizaxe na detección do ictus. A ferramenta de adestramento virtual da respiración, axudará aos pacientes que teñen que someterse a tratamentos de radioterapia a reducir o estrés e ansiedade que producen este tipo de probas e a entrenar a respiración que deberán empregar durante o tratamento.
O comercio electrónico creceu en Galicia no último ano en todos os tramos empresariais. Tanto as empresas de máis de 10 traballadores como as microempresas realizaron vendas online por riba da media estatal en 2019. Tamén no uso das redes sociais o tecido empresarial galego supera a media do conxunto do Estado. Son datos recollidos no informe A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2019, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito Amtega. O estudo analiza a transformación dixital das empresas galegas, un total de 200.972, nas que o 96,3% son microempresas, de 0 a 9 traballadores.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta maña en Vigo, xunto co viceconselleiro de Industria do Goberno vasco, Javier Zarraonandia, e a teniente deputada xeral de Álava e deputada foral de desenvolvemento económico e equilibrio territorial, Mª Pilar García de Salazar, ao encontro de traballo 'Desenvolvemento e fortalecemento do sector do automóbil', organizado por Ceaga para seguir impulsando a transformación dixital no sector da automoción e avanzar no coche autónomo, conectado e eléctrico.
A Xunta de Galicia activará nas próximas semanas dez programas que, cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego. Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez, destaca o proxecto Maquinaria 4.0 que, cunha dotación de 2 millóns de euros, buscará xerar provedores fortes no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo que poidan servir ao tecido empresarial galego; e os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada, que contarán cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022.
O visor do Expediente Xudicial Electrónico rexistrou no último ano un incremento de uso do 130%, pasando de preto de 40.000 consultas en novembro de 2018 a máis das 92.00 visitas rexistradas en novembro deste ano. O visor é unha solución única e multidispositivo, que permite a maxistrados, letrados, fiscais e funcionarios a consulta online de calquera expediente xudicial. O viso, implantada desde 2018 na totalidade dos órganos xudiciais galegos, é unha das mediadas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, que están a levar a cabo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en colaboración cos profesionais do ámbito xudicial galego.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios veñen de asinar o acordo marco que permitirá ás entidades locais adherirse á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural. Desde principios de xaneiro e ata mediados de febreiro os municipios do rural interesados poderán realizar a solicitude de adhesión a través da Fegamp. As entidades locais interesadas en adherirse deberán presentar un proxecto, que inclúa información de zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura así como a posta a disposición dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica.
O proxecto BlueBiolab ten como finalidade a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá a captación e formación de novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024). A cita está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia en colaboración coas tres universidades públicas galegas (Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC.
Baixo o nome de Aerolab (Aerospace & Transportation Systems Laboratory) constituíuse no campus de Ourense un novo grupo de investigación. Aerolab nace co obxectivo de converterse nun referente no ámbito da enxeñaría do transporte, con especial énfase nos sistemas aéreos. Os obxectivos de investigación do grupo, sinalan desde a súa organización, atópanse dentro do alcance dos sistemas aeroespaciais e de transporte, considerando moitos aspectos diferentes.
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentaron na aula CEMIT de Porto do Son a campaña AgasallaNós de doazón de voz para o Proxecto Nós. Trátase dunha iniciativa na que a USC colabora coa Xunta de Galicia e que permitirá recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia para permitir que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas do galego.
Contribuír á competitividade e eficiencia dun estaleiro en plena transformación. Este é o principal obxectivo do Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, o proxecto que desde o pasado ano foi constituído o 12 de xullo de 2022- dá continuidade ao intenso e frutífero traballo desenvolvido neste mesmo sentido no marco da Unidade Mixta de Investigación entre ámbalas dúas institucións (entre 2015 e 2021).
A misión biolóxica espacial BIXO, impulsada pola agrupación de estudantes UVigo SpaceLab, segue dando pasos importantes de cara a convertese nun fito para a Universidade de Vigo. Este martes, no marco dunha visita institucional da Axencia Galega de Innovación, a súa directora, Patricia Argerey, xunto co reitor, Manuel Reigosa, puxeron unha primeira pedra simbólica deste proxecto.
Reformular máis de 50 anos de estudo dun dos campos máis prometedores da astrofísica: as ondas gravitacionais. É o que propón un traballo liderado por Juan Calderón Bustillo, investigador La Caixa Junior Leader e Marie Curie Fellow do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), publicado na revista Physical Review X no que os autores danlle a volta aos complexos cálculos necesarios para obter información destes eventos.
O Centro de Investigación Mariña, CIM, da Universidade de Vigo é un dos socios do proxecto Aquaserv, unha iniciativa financiada con 14,5 millóns de euros do programa Horizonte Europa dirixida á creación dunha rede europea de infraestruturas de investigación en acuicultura, pesca e economía azul. Trátase de mellorar os servizos das múltiples institucións que forman o consorcio de xeito que sexan máis innovadores e personalizados, ademais de fomentar un maior intercambio de coñecementos e tecnoloxía entre o persoal investigador internacional a este respecto.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, está a organizar para o vindeiro martes día 12 a xornada Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico, actividade coa que arrancará un ciclo de conferencias e coloquios dirixidos a concienciar a sociedade sobre estas temáticas.
A clave do éxito do CEMI, o Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, está en reunir talento e experiencia. O equipo involucrado no programa supera as 100 persoas, 52 da Universidade da Coruña e 47 da compañía pública, ás que habería que engadir outras que se integran nos grupos de traballo a través das subcontratacións necesarias para determinados proxectos.
O vindeiro ano as JAI, Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, cumprirán 20 anos, dúas décadas fomentando a relación entre o mundo profesional e o universitario. A celebración deste aniversario converterá a cidade de Vigo no epicentro da automatización, a robótica e a dixitalización industrial, xa que as JAI 2024 terán lugar na mesma semana de novembro na que cidade olívica vai acoller outras dúas citas de alto nivel no eido da automatización industrial