Noticias

Galicia e País Vasco avanzan en liñas de colaboración para impulsar a innovación e a formación na industria da automoción

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta maña en Vigo, xunto co viceconselleiro de Industria do Goberno vasco, Javier Zarraonandia, e a teniente deputada xeral de Álava e deputada foral de desenvolvemento económico e equilibrio territorial, Mª Pilar García de Salazar, ao encontro de traballo 'Desenvolvemento e fortalecemento do sector do automóbil', organizado por Ceaga para seguir impulsando a transformación dixital no sector da automoción e avanzar no coche autónomo, conectado e eléctrico.

Conde destacou a necesidade de fomentar a colaboración entre os distintos axentes para favorecer o desenvolvemento desta industria estratéxica para Galicia e España apoiándose na innovación e na formación.

Neste sentido, Conde expuxo o compromiso de Galicia para estimular a I+D+i no sector da automoción e, como exemplo, referiuse ao traballo que se está a desenvolver na BFAuto -a aceleradora vai pola cuarta edición e ata agora xa ten permitido a creación de 35 empresas cunha facturación de 33M€ e a xeración de 250 empregos-.

Tamén puxo en valor o hub de innovación dixital liderado por Ceaga –un dos dous que se están a desenvolver en Galicia- unha ferramenta estratéxica que impulsará o Goberno galego para incorporar tecnoloxías disruptivas ao tecido produtivo tanto en grandes empresas tractoras como nas pemes coa colaboración dos centros tecnolóxicos e universidades. En concreto, este hub contará con 14 empresas tractoras, entre elas PSA, GKN, Nueva Pescanova, Navantia, Ence ou Televés, e 14 centros de coñecemento entre clusters, centros tecnolóxicos e as tres universidades galegas.

Este hub permite a transferencia de coñecemento de tecnoloxías como Big Data, robótica ou intelixencia artificial con aplicación a sectores estratéxicos da economía galega como a automoción, pero tamén, o naval, o téxtil, o aeronáutico, a alimentación, as TIC, a industria forestal ou a pedra natural.

O conselleiro tamén salientou o esforzo que se está a realizar na Comunidade no eido da formación, co obxectivo de adaptala ás necesidades da industria e aos perfís máis demandados no mercado laboral.

R., 2020-01-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES