Actualidad de Tecnología

Noticias tecnologia

A investigadora do CITIC (Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones), Thais Pousada, lidera o proxecto desenvolvido polo doutorando Manuel Lagos, que busca favorecer a rehabilitación das persoas con discapacidade mediante o uso de escenarios virtuais que permiten a realización de diversas actividades da vida cotiá como cortar un anaco de carne ou abrir a billa para encher una xerra.
A Xunta pon en marcha o Plan para o impulso da Inclusión, Capacitación e Talento Dixital en Galicia, DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, que conta cun orzamento de máis de 39 millóns de euros para promover ata nove medidas artelladas en tres eixes estratéxicos: eliminar a fenda dixital, promover as competencias dixitais dos profesionais e impulsar as vocacións e o talento dixital avanzado en Galicia. O plan marca unha serie de obxectivos intermedios para 2025 como que o 70% das persoas conten competencias dixitais básicas, das que cando menos o 50% serán mulleres.
O Servizo Galego de Saúde recibíu o Premio Nacional de Informática e Saúde, como a entidade pública ou privada que máis destaca en proxectos de Transformación Dixital no ámbito sanitario, e que entrega a Sociedade Española de Informática da Saúde. O xurado decidiu, por unanimidade, facer entrega deste premio tras avaliar proxectos como a historia clínica electrónica única (IANUS), o portal de saúde do paciente (E-saúde), a plataforma de Teleasistencia domiciliaria (Telea), a plataforma de xestión e distribución loxística (Logas), ou o portal do profesional (Fides).
O Observatorio da Industria Aeroespacial será clave para a evolución do sector e para identificar novas oportunidades no segmento dos sistemas non tripulados. Trátase dun proxecto conxunto da Xunta de Galicia e do CAG para xerar e divulgar coñecemento experto e estudos científicos sobre aeronáutica e aeroespacial, con especial referencia ao segmento dos vehículos non tripulados. Os primeiros estudos realizados polo Observatorio están a piques de ser publicados e centraranse no financiamento da I+D+i no sector dos vehículos non tripulados, a análise da cadea de valor do sector aeroespacial e a súa integración noutras cadeas de valor nacionais e internacionais, os instrumentos de apoio á internacionalización ou o diagnóstico da creación de empresas aeroespaciais en España e en Galicia.
Os usuarios de internet de entre 65 aos 74 acadaron o 70,5 % en Galicia, tras subir nos últimos 12 meses un 8,5 % -o dobre que a media estatal, que se sitúa no 4,2 %-. É o incremento máis significativo rexistrado no último ano, precisamente, no colectivo de persoas con máis dificultades de acceso á tecnoloxía. Cómpre destacar o crecemento progresivo de internautas neste tramo de idade en Galicia. Hai 6 anos, en 2017, as persoas de 65 a 74 anos que empregaban internet situábanse no 27,9 %. 
As novas convocatorias para estadías de investigación e para publicacións científicas co programa Iacobus, promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, recibiron 312 candidaturas. En concreto 242 foron para a modalidade de estadías de investigación -IACOBUS Estancias- e as 70 restantes para a de publicacións científicas -IACOBUS Papers-. Das candidaturas para as estadías de investigación, 148 proceden de Galicia e 94 do norte de Portugal.
A dispoñibilidade de sede electrónica nos concellos de Galicia continúa á alza. Nos últimos 4 anos, os municipios con este servizo incrementáronse nun 22,7%. En 2021 a práctica totalidade (97,3%) dos concellos galegos xa dispoñen dunha sede electrónica fronte ao 79,3% do ano 2017. Son datos recollidos no informe bianual 'Estatística da administración dixital nos concellos galegos', que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que rexistra datos de 2021.
Este proxecto de colaboración público-privada pretende converter a Galicia nun referente internacional do hidróxeno verde, a Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, da que forman parte máis de 700 empresas, institucións e axentes sociais. A iniciativa pretende que esta fonte de enerxía limpa se converta nunha oportunidade estratéxica para a industria produtora, pero tamén para outros sectores como o transporte ou a loxística. Ao encontro asistiron representantes das empresas que cobren toda a cadea de valor que integra a Asociación Galega de Hidróxeno (AGH2), así como das universidades galegas, institucións e axentes sociais.
Tivo lugar no Pazo de San Roque o acto de entrega da última edición dos certames Novos Poliedros e Inventa en galego, convocados co gallo do Mes da Ciencia en galego por IGACIENCIA para promover entre a mocidade a innovación tecnolóxica en galego. No certame Novos Poliedros resultaron gañadores o instituto IES Ramón Menéndez Pidal, da Coruña; o IES Carlos Casares, de Vigo; o IES de Meaño e o CPI Plurilingüe Dr. López Suárez, de Friol. No certame Inventa en galego o gañador foi o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, da Coruña.
A designación de Galicia como sede da AESIA é un recoñecemento aos esforzos da nosa Comunidade por situarse na vangarda da transformación dixital pese as limitacións de partida relacionadas coas súas características poboacionais e xeográficas. A actual posición de Galicia é o resultado da aplicación de dúas axendas dixitais e, neste momento, da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). Precisamente, o eixo transversal da EGD2030 refírese á especialización da nosa Comunidade no coñecemento e na aplicación das tecnoloxías. A instalación da AESIA na nosa Comunidade cumpre e reforza os obxectivos de atraer infraestruturas e entidades de referencia, así como de reter e atraer talento dixital.
« Anterior | 14  de  59 | Siguiente »

Notas tecnologia

A Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) asinaron este martes un acordo de colaboración que permitirá a posta en marcha no campus dun servizo de vehículo autónomo e conectado que non só facilitará o transporte de persoas entre os diferentes edificios, senón que tamén servirá como plataforma de proba para diversos casos de uso relacionados coa ciberseguridade no ámbito do vehículo conectado.
O grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns (VARPA) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña será o coordinador do paquete de traballo de Intelixencia Artificial relacionado cos casos de uso en contorna real en diversos sectores no proxecto europeo ACHILLES. Esta iniciativa europea está composta por un consorcio de 16 organizacións punteiras para desenvolver un proxecto pioneiro dedicado a remodelar o futuro da Intelixencia Artificial (IA) facéndoa máis ética, explicable, robusta e segura.
O encontro ‘Peregrinando: traxectorias internacionais nas matemáticas e na física’ reunirá o 20 de decembro en Compostela oito especialistas das dúas disciplinas que ou ben están a realizar a súa carreira investigadora no estranxeiro ou que o fixeron nalgún momento, para dar a coñecer as perspectivas de desenvolvemento profesional que existen fóra. Organizado polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia e no que participa a USC e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, a xornada desenvolverase no Auditorio FEUGA.
A competición europea organizada no CITIC esta semana rematou coa entrega de premios ás mellores solucións tecnolóxicas para a inclusión de persoas con discapacidade. O primeiro premio foi para o equipo Muscle Guardians, que presentou unha innovadora aplicación personalizada para previr a atrofia muscular, adaptando os exercicios ás características individuais do usuario.
O proxecto RURALtXA!, unha iniciativa de cooperación vasco-galega que busca impulsar a bioeconomía das zonas rurais, leva identificadas e avaliadas xa unhas 23.000 hectáreas de hábitats de interese comunitario de pastos, queirogais e turbeiras. Nestas zonas, está a traballarse con máis de 250 persoas comuneiras en Galicia e 130 en Euskadi, que continúan desenvolvendo actividades tradicionais asociadas a estes hábitats.
Os modelos matemáticos son unha ferramenta básica e moi poderosa para estudar diferentes fenómenos, en particular para comprender e manipular sistemas biolóxicos complexos. Neste sentido, tal e como explica o investigador da UVigo e vencellado ao CITMAga, Alejandro Fernández Villaverde, 'nas ciencias exactas só se considera un fenómeno comprendido por completo cando se pode construír un modelo matemático que o describa'.
A exposición Cantantes Líricas Galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África, que ata o pasado 16 de novembro puido visitarse no Salón artesoado do Colexio de Fonseca, emprende agora unha viaxe virtual. A exposición presencial nútrese agora da realidade virtual para estender o seu alcance posibilitando unha visita inmersiva grazas á colaboración co CESGA. Ao novo formato, que reproduce boa parte dos materiais da exposición, accédese dende un navegador web.
As enfermidades autoinmunes afectan na actualidade entre o 3 e o 5% da poboación mundial e están aumentando de maneira drástica, probablemente como resultado de cambios na nosa exposición a factores ambientais. Padecer unha enfermidade autoinmune implica que o noso sistema inmunolóxico ataca por erro, cando se atopa co noso propio ARN, as células sas dos nosos órganos e tecidos.
O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en Ourense acolleu este martes o lanzamento dun novo proxecto destinado a potenciar a industria resineira galega e mellorar a competitividade do sector. A iniciativa será desenvolvida polo Grupo Operativo Resfo (Resina, Fortalezas e Oportunidades de Mercado) e nel participa un equipo da Universidade de Vigo.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, desenvolve do 23 ao 29 de novembro de 2024 a sétima edición da Semana da Ciencia. Nesta ocasión, o programa xirará arredor da coñecida como ‘Revolución de Novembro’ de 1974, da cal se cumpre medio século en 2024.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES