Notas de prensa

A UDC coordina o paquete de traballo de Intelixencia Artificial do proxecto europeo ACHILLES

O grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns (VARPA) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña será o coordinador do paquete de traballo de Intelixencia Artificial relacionado cos casos de uso en contorna real en diversos sectores no proxecto europeo ACHILLES. Esta iniciativa europea está composta por un consorcio de 16 organizacións punteiras para desenvolver un proxecto pioneiro dedicado a remodelar o futuro da Intelixencia Artificial (IA) facéndoa máis ética, explicable, robusta e segura.

Cun financiamento de máis de 8 millóns de euros, enmárcase no Programa Marco Horizonte Europa, e pretende abordar o “talón de Aquiles” da IA: a eficiencia, seguridade e confianza. ACHILLES parte da idea de que unha vez que IA se integra na vida cotiá, aumenta a preocupación pola transparencia, o uso ético e o consumo enerxético.

Por iso, obxectivo básico é crear sistemas que non só sexan máis eficaces e eficientes, senón tamén eticamente responsables, transparentes e plenamente conformes coa normativa.

ACHILLES aborda estes retos introducindo formulacións innovadoras e apoiando o desenvolvemento de sistemas de IA “máis lixeiros” (máis sostibles e eficientes), “máis claros” (transparentes e fáciles de entender) e “máis seguros” (robustos e conformes ás normas éticas e xurídicas). Farao a través de aplicacións reais en diversos sectores, como a sanidade, a verificación de identidades, ou o ámbito farmacéutico.

Estes estudos de casos ilustrarán o impacto práctico de ACHILLES e a súa adopción en todos os sectores, demostrando a súa capacidade para apoiar o liderado de Europa nunha IA responsable e centrada nas persoas.

A participación de Universidade da Coruña a través dos investigadores de VARPA, posiciona novamente a Galicia e A Coruña como vangarda europea na utilización da IA de maneira non teórica, senón aplicada e fiable, en total consonancia coa nova regulación europea.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-12-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES