
O obxectivo da mostra, comisariada polo profesor de Historia da Música da USC Javier Garbayo e a profesora da UNIR Mª del Carmen Lorenzo Vizcaíno, foi recuperar a memoria de 23 mulleres, todas elas grandes cantantes líricas galegas, a través dun formato atractivo baseado en paneis informativos ilustrados, organizados como un gran decorado teatral. Non faltou tampouco un apartado específico de actividades didácticas interactivas dixitais deseñadas por un equipo de especialistas en colaboración co Grupo de investigación TECNOEDUC e baixo a coordinación da profesora Laura Touriñán.
A exposición presencial nútrese agora da realidade virtual para estender o seu alcance posibilitando unha visita inmersiva grazas á colaboración co CESGA. Ao novo formato, que reproduce boa parte dos materiais da exposición, accédese dende un navegador web por medio de dispositivo móbil ou de sobremesa.
Dende hai varios anos, a Área de Elearning do CESGA deseña e experimenta con ferramentas de Realidade Aumentada e Realidade Virtual para o seu uso educativo, no marco de Proxectos Europeos de Innovación Educativa. Esta colaboración co CESGA permite ademais o acceso directo ao conxunto de actividades didácticas interactivas dende a propia visita virtual, cun amplo desplegue de recursos onde tamén se utiliza Intelixencia Artificial xenerativa. Deste xeito, a exposición dótase dun formato que permite xogar mergullando nos seus contidos, facéndoos máis accesibles e atractivos para o público novo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.