Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

Os areais galegos reciben en total 111 bandeiras azuis -catro máis que o ano pasado-; os portos deportivos 11; e para premiar as iniciativas a prol da educación ambiental e o mantemento de sendas naturais de especial relevancia, resultaron galardoados tamén 13 centros azuis e 20 sendeiros, situándonos no primeiro posto nacional en canto a estes itinerarios que contribúen ao uso sostible do litoral. Así, un ano máis, Galicia mantense nos primeiros postos de toda España, cunha de cada cinco de todas as distincións nacionais. Un dato aínda máis relevante se se ten en conta que España lidera o ránking mundial de bandeiras azuis.
A Xunta de Galicia iniciará este sábado 19 de xuño as probas das oposicións do ensino máis amplas da historia tanto en número de prazas, un total de 3.894, como de tribunais e sedes. Deste xeito os exames, cuxa primeira proba se realizará entre o sábado e o día 25, desenvolveranse nun total de 132 sedes en 23 localidades de toda Galicia. A segunda proba terá lugar con posterioridade, nas datas marcadas polos tribunais. É a primeira vez que as oposicións se realizan en localidades máis aló das sete cidades galegas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.355, deles 410 son da área da Coruña, 177 da de Lugo, 154 da de Ourense, 127 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 127 da de Santiago e 96 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 45 en unidades de hospitalización e 1.294 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.458 persoas curadas, rexistrándose 2.430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.318.614. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.323.115.
Contribuír, nun escenario de cambio climático global, á prevención dos grandes incendios forestais e á xestión dos espazos susceptibles de sufrilos en diferentes áreas rurais ao longo da fronteira entre España e Portugal. Ese é obxectivo central de Firepoctep, un proxecto seleccionado na convocatoria Interreg V A España-Portugal e coordinado pola Junta de Andalucía, no que participan 21 institucións de España e Portugal, entre as que se atopan as universidades galegas. Cun orzamento de preto de 5,5 millóns de euros, financiados nun 75% con fondos Feder, o proxecto que este xoves desenvolvía en Sevilla a súa reunión de lanzamento engloba iniciativas como a identificación de 'zonas estratéxicas de xestión' en diferentes áreas piloto ao longo da fronteira, nas que as actuacións preventivas poidan diminuír os efectos e intensidade dos lumes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.346, deles 401 son da área da Coruña, 175 da de Lugo, 145 da de Ourense, 124 da de Pontevedra, 274 da área de Vigo, 134 da de Santiago e 93 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 47 en unidades de hospitalización e 1.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.356 persoas curadas, rexistrándose 2.430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.314.801. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.288.094.
Establecer unhas liñas e criterios que permitan unha ordenación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) racional e acorde coas necesidades da comunidade para levar o ensino universitario galego “ás máis altas cotas de competitividade, calidade e excelencia” é a meta coa que nace o acordo asinado este mércores por USC, UDC, UVigo e Xunta de Galicia. O documento presentado polo reitor da USC Antonio López; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e os reitores da UDC, Julio Abalde; e da UVigo, Manuel Reigosa define, baixo a premisa da flexibilidade, os criterios polos que se rexerán as titulacións do SUG a implantar ata o ano 2026.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá, en rolda de prensa, da decisión adoptada polo comité clínico de adiantar unha semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos que recibiran a primeira dose da vacina de Astrazeneca. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que o departamento que dirixe tamén traballa nun documento de desescalada que ten por obxecto avanzar cara a nova normalidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.379, deles 384 son da área da Coruña, 188 da de Lugo, 149 da de Ourense, 128 da de Pontevedra, 292 da área de Vigo, 146 da de Santiago e 92 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 52 en unidades de hospitalización e 1.312 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.258 persoas curadas, rexistrándose 2.430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.311.139. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.267.497.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe a Estatística de Variacións Residenciais que ven a destacar que Galicia mantivo en 2020 o signo positivo migratorio pese ao efecto da Covid-19 e as fortes restricións á mobilidade. No ano 2020 mantívose o signo positivo do saldo migratorio total en Galicia, é dicir, un número maior de entradas con respecto ás saídas, que acada un total de 14.616 persoas. A pesar de todas as restricións a mobilidade do ano 2020, este é o segundo mellor saldo de toda a serie histórica dende 2010, so por detrás do pasado ano que era positivo en 17.747 persoas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.581, deles 361 son da área da Coruña, 208 da de Lugo, 155 da de Ourense, 157 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 206 da de Santiago e 108 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.512 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.782 persoas curadas, rexistrándose 2.428 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.297.829. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.181.791.
« Anterior | 95  de  401 | Siguiente »

Notas sociedad

Galicia camiña con paso firme e apoiándose nas ferramentas máis axeitadas para ser unha das primeiras rexións en alcanzar o ambicioso obxectivo da neutralidade climática. Así o proclamou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, encargada de conducir o evento 'Galicia resiliente: comunidade e clima' no marco do Cumio Mundial do Clima COP25, o encontro internacional máis importante sobre cambio climático e que reúne en Madrid a máis de 50 xefes de Estado e de Goberno.
Santiago acollerá, da man da Axencia de Coñecemento en Saúde, o debate experto arredor do futuro da innovación sanitaria. A primeira edición da xornada Fronteiras da Innovación Sanitaria 2019, con máis de 200 profesionais inscritos, permitirá examinar os avances reais na sanidade galega vencellados a proxectos de innovación, difundir as oportunidades existentes na compra pública innovadora ou explorar novos modelos de cooperación en materia de I+D+i.
Obradoiros infantís e concertos encherán o Tinglado do Porto de Vigo no Nadal Solidario, que abrirá as súas portas o vindeiro 16 de decembro, co Nacemento da Catedral de Santiago e as ONGs como principal reclamo. Un proxecto co que se procura pór o foco de atención sobre os aspectos máis tradicionais do Nadal, nun espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade.
Galicia continúa a manterse entre os mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde (SNS) na espera media cirúrxica con 56 días de espera media a xuño deste ano. En comparación co resto de servizos de saúde do Estado, Galicia é a cuarta situada na comparativa entre as comunidades autónomas. Sitúase despois de Madrid e A Rioxa, con 46 e 47 días respectivamente de espera media; e País Vasco, con 49 días.
Un total de 1.544 alumnos de educación infantil de 32 concellos poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel entre os días 10 e 20 de decembro, grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT. Os escolares de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará este martes, cunha duración de media hora en cada localidade.
O vicerreitorado do Campus de Lugo foi o lugar elixido para dar a coñecer o gañador do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que convocan a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Aresa. Entre as 13 candidaturas presentadas este ano, finalmente o galardón foi para Asoporcel, Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, pola posta en valor desta raza autóctona galega e dos seus produtos. O xurado prestou especial atención ás candidaturas que xerasen postos de traballo de calidade no rural.
O alumnado de doutoramento poderá solicitar bolsas de mobilidade para realizar estadías de investigación en países europeos no marco do programa Erasmus+. Tradicionalmente a mobilidade asóciase ao programa Erasmus, a Europa e a alumnado de grao, pero nos últimos anos o elenco de países incrementouse notablemente, así como o espectro de participantes, ampliándose tamén agora ao alumnado de doutoramento.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co seu ciclo de conferencias «Educación século XXI» con novos relatores e temas, consolidando así esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto docentes como nais e pais.
O programa Xuventude Crea ten por finalidade poñer en valor o talento, a creatividade e a innovación da xente nova en 13 especialidades distintas. Estas son: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Fotografía, Graffiti, Música, Poesía, Relato breve, Danza moderna, Videocreación, Teatro, Deseño de xoias e Moda. Os premios en cada unha das categorías son de 3000 euros para o gañador, 1500 euros para o segundo e 1000 euros para o terceiro clasificado.
O Sergas incrementará o cadro de persoal dos seus centros de saúde en máis de 300 profesionais, como consecuencia dun dos compromisos adquiridos no marco do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021. Esta medida responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria do Sergas, mediante o incremento do número de profesionais dos centros de saúde, de acordo coa súa carteira de servizos.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES