Notas de prensa

'Educar é amar', a conferencia que o experto en Psicoloxía do Liderado Ãlex Rovira ofrecerá no ciclo 'Educación século XXI'

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co seu ciclo de conferencias «Educación século XXI» con novos relatores e temas, consolidando así esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto docentes como nais e pais.

O escritor, economista, conferenciante internacional e consultor Ãlex Rovira será o seguinte relator en participar no ciclo coa conferencia «Educar é amar». Estará o mércores 11 de decembro, ás 19.00 h, na Sede Afundación de Pontevedra, e o xoves día 12, tamén ás 19.00 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. A asistencia é de balde, pero é necesario inscribirse previamente na web Ataquilla.com.

A súa conferencia, baseada no seu último libro Amor, propón un novo xeito de entender e promover a enerxía máis poderosa das persoas: a que nos une ás demais. O amor é comprender, coidar, inspirar. Unha invitación á reflexión para elevar a calidade do noso vínculo co alumnado, coas nosas fillas e fillos, e xerar unha rede positiva e necesaria de relacións interpersoais que desemboque en actitudes máis receptivas, atentas e agradecidas. A unión e a confianza deben imperar nos espazos familiares e profesionais. Ãs veces, nas nosas casas podemos perder esta unión positiva que nos inspira, e nas aulas, en xeral, desde a docencia seguimos atrincheirados na distancia e a desconfianza. Ãlex Rovira achegará as claves para que isto non suceda, valorando e aprendendo a xestionar o poder máis importante que temos: a capacidade para amar.

Ãlex Rovira é economista e MBA por ESADE, é recoñecido internacionalmente como impulsor do Self Management e un dos maiores expertos en Psicoloxía do Liderado. Colabora habitualmente con prestixiosas institucións académicas impartindo seminarios para a alta dirección sobre temas relacionados coa xestión das novas organizacións: Xestión do Talento, Xestión de Persoas e Cambio Cultural.

Autor de numerosos libros, como La brújula interior e Los siete poderes, foi La buena suerte a súa obra de maior impacto internacional, editada en 42 idiomas, cun éxito sen precedentes na literatura de non ficción española, vendeu máis de oito millóns de copias e recibiu o premio ao mellor libro do ano en Xapón no 2004. Imparte conferencias por todo o mundo e colabora habitualmente con distintos medios de comunicación nacionais e internacionais, entre os que se atopa a revista xaponesa de psicoloxía Psiko.

PROGRAMA «EDUCACIÓN SÉCULO XXI»

Afundación iniciou en 2017 o ciclo de conferencias «Educación século XXI», un programa de conferencias que pretende difundir as últimas novidades en formación e ensino, abordando diferentes enfoques sobre a docencia, e á súa vez reunir á comunidade docente, parental e o estudantado. Máis de 5000 persoas xa asistiron a estas charlas que este curso de estenderán tamén a outras localidades fóra de Galicia.

A ÃREA EDUCATIVA DE AFUNDACIÓN, A OBRA SOCIAL DE ABANCA

O obxectivo no campo formativo de Afundación está definido pola vocación ao redor dunha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas de Afundación pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que mesturen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada. Deste xeito, a entidade está comprometida coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada nena e de cada neno das ferramentas necesarias para perseverar na adquisición da súa autonomía persoal.

As propostas da Ãrea Educativa de Afundación abarcan múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais. Así, o seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura; actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior; actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio; actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nunha contorna que innova de maneira permanente; e actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.

Afundación, 2019-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES