Notas de prensa

O gañador da vixésima edición do Premio Aresa é Asoporcel

O vicerreitorado do Campus de Lugo foi o lugar elixido para dar a coñecer o gañador do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que convocan a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Aresa. Entre as 13 candidaturas presentadas este ano, finalmente o galardón foi para Asoporcel, Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, pola posta en valor desta raza autóctona galega e dos seus produtos. O xurado prestou especial atención ás candidaturas que xerasen postos de traballo de calidade no rural.

Os cinco membros do xurado, integrado polo reitor da USC, Antonio López Díaz; a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o presidente do grupo Nogar e da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira García; o catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, investigador e experto internacional en xenética, Ãngel Carracedo Ãlvarez, e o presidente de Aresa, Ãlvaro Rodríguez Eiras, reuníronse esta mañá para avaliar as trece candidaturas presentadas e deron a coñecer o nome do galardoado nunha conferencia de prensa celebrada no vicerreitorado do Campus lucense. Finalmente a vencedora desta vixésima edición do Premio Aresa foi Asoporcel, Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta.

Os membros do xurado prestaron especial atención a aquelas candidaturas que xerasen postos de traballo de calidade no rural, que puxesen en valor os produtos da terra, que recuperasen subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais con potencial para desenvolverse e que buscasen innovar en produtos e métodos produtivos. Neste senso, Antonio López afirmou que “a candidatura foi elixida por unanimidade por cumprir con todos os requisitos das bases do Premio”.

O reitor da USC engadiu que “Asoporcel, proxecto nacido en 1999, abarca xa a máis de 135 socios, máis de 3.000 cabezas de gando porcino e un volume de facturación de máis de un millón de euros. É merecedor do premio pola posta en valor da raza e dos seus produtos feitos en Galicia”.

O presidente do Grupo Aresa, Ãlvaro Rodríguez Eiras, agradeceu a todos os membros do xurado o seu traballo e esforzo para tomar a decisión acertada e anunciou a data da gala de entrega do premio: “Será o vindeiro 28 de febreiro de 2020 no auditorio da facultade de Veterinaria do Campus de Lugo”.

Ademais, o reitor da Universidade recoñeceu a calidade do resto de propostas presentadas: Traballos realizados sobre agricultura galega, presentados por Ramón Fuentes Colmeiro; Greenalia SA; Cátedra do pan e do cereal, de M. Belén García, Ãngeles Romero e Santiago Pereira; Creación e lanzamento da marca de calidade Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, por parte da Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas de Betanzos”; Confederación de Empresarios de Lugo; Proxecto museístico do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), por Marcos Vázquez Marey; Proxecto Cultivando Galicia, de Pablo Antonio Fraga Gontán; Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro; Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa; Gandería Quintiáns; Coren Cooperativas Ourensás, e Cooperativa A Carqueixa.

Aresa, 2019-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES