Noticias

Galicia mantivo en 2020 o signo positivo migratorio pese ao efecto covid

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe a Estatística de Variacións Residenciais que ven a destacar que Galicia mantivo en 2020 o signo positivo migratorio pese ao efecto da Covid-19 e as fortes restricións á mobilidade. No ano 2020 mantívose o signo positivo do saldo migratorio total en Galicia, é dicir, un número maior de entradas con respecto ás saídas, que acada un total de 14.616 persoas. A pesar de todas as restricións a mobilidade do ano 2020, este é o segundo mellor saldo de toda a serie histórica dende 2010, so por detrás do pasado ano que era positivo en 17.747 persoas.

É importante destacar que o saldo migratorio co estranxeiro segue a ser positivo en 8.408 persoas, a pesar las fortes restricións co estranxeiro derivadas da pandemia a partir dos primeiros días de marzo de 2020.

Tamén é moi significativo o forte incremento das entradas procedentes de outras CC.AA. e a diminución das saídas, que provocou un saldo positivo de 6.208 persoas, o máis elevado da serie histórica.

A pesar da situación de pandemia no ano 2020 e as súas consecuencias na mobilidade internacional, Galicia volve ter unhas cifras de retorno dende o estranxeiro de preto de 4.000 persoas (3.842).

Segundo a información que se recolle nesta estatística de variacións residenciais, o 73% das persoas que chegaron a Galicia desde o exterior teñen menos de 45 anos, e que unicamente o 6,57% son maiores de 65.

R., 2021-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES