Noticias

Celebrado o acto de entrega das bandeiras azuis 2021, 155 galardóns que reforzan a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sustentable

Os areais galegos reciben en total 111 bandeiras azuis -catro máis que o ano pasado-; os portos deportivos 11; e para premiar as iniciativas a prol da educación ambiental e o mantemento de sendas naturais de especial relevancia, resultaron galardoados tamén 13 centros azuis e 20 sendeiros, situándonos no primeiro posto nacional en canto a estes itinerarios que contribúen ao uso sostible do litoral. Así, un ano máis, Galicia mantense nos primeiros postos de toda España, cunha de cada cinco de todas as distincións nacionais. Un dato aínda máis relevante se se ten en conta que España lidera o ránking mundial de bandeiras azuis.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que os 155 galardóns azuis acadados este ano reforzan a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sustentable.

Durante o acto de entrega das bandeiras azuis 2021, na Praia de Rodas das Illas Cíes, Feijóo aseverou que estes 155 recoñecementos poñen en valor os máis de 2.000 quilómetros de costa e o patrimonio natural cos que contamos.

Así, os areais galegos reciben en total 111 bandeiras azuis -catro máis que o ano pasado-; os portos deportivos 11; e para premiar as iniciativas a prol da educación ambiental e o mantemento de sendas naturais de especial relevancia, resultaron galardoados tamén 13 centros azuis e 20 sendeiros, situándonos no primeiro posto nacional en canto a estes itinerarios que contribúen ao uso sostible do litoral.

Diante destas cifras, recordou que, un ano máis, Galicia mantense nos primeiros postos de toda España, cunha de cada cinco de todas as distincións nacionais. Un dato aínda máis relevante se se ten en conta que España lidera o ránking mundial de bandeiras azuis.

Feijóo aproveitou o acto para resaltar o esforzo realizado polos municipios para acadar os estándares de seguridade esixidos neste tipo de espazos por mor da covid. Ao respecto, subliñou tamén as iniciativas postas en marcha pola Administración autonómica para que os viaxeiros veñan coa seguridade que esperan, entre as que resaltou: o rexistro de viaxeiros, o certificado dixital de vacinación, test de antíxenos nos aeroportos e o seguro covid.

Así mesmo, agradeceu ao persoal das Illas Cíes o traballo que desenvolven neste espazo para preservalo; e reiterou o compromiso da Xunta neste eido, reflectido no Plan reitor do Parque, aprobado en 2018, e nun investimento de máis de 15 millóns de euros nos últimos cinco anos. “E xa temos previsto destinar 20 millóns de euros máis nos seguintes cinco anos”, dixo, demandando tamén unha maior implicación do Goberno central e que teña en conta a singularidade de contar cun Parque insular.

“Estamos nun lugar recoñecido pola súa beleza e preservación natural a nivel internacional e agardamos afianzar este recoñecemento proximamente coa candidatura que desde a Xunta impulsamos para que as Illas Atlánticas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade”, engadiu.

Nesta mesma liña, e a falta tan só de que a Unesco ratifique a inclusión na Lista Ramsar de humidais, o titular da Xunta recordou que as Illas Atlánticas xa poden presumir de concentrar algunhas das principais figuras de protección medioambiental que existen -Parque Nacional, Rede OSPAR de áreas mariñas protexidas; Zona de Especial Protección para as Aves; Zona de Especial Conservación; e Lugar de interese Comunitario-.

Conscientes da necesidade de apostar por un turismo responsable e sostible, Feijóo concluíu poñendo en valor o grande reclamo turístico que para Galicia supoñen as illas do Parque Nacional. Non en van, desde o 15 de maio, xa visitaron o parque -Cíes e Ons- preto de 18.000 persoas.

R., 2021-06-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES