Notas de prensa

Galicia consolida a súa posición nos primeiros postos das comunidades autónomas con mellores resultados nas listas de espera cirúrxica

Galicia continúa a manterse entre os mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde (SNS) na espera media cirúrxica con 56 días de espera media a xuño deste ano. En comparación co resto de servizos de saúde do Estado, Galicia é a cuarta situada na comparativa entre as comunidades autónomas. Sitúase despois de Madrid e A Rioxa, con 46 e 47 días respectivamente de espera media; e País Vasco, con 49 días.

Así se recolle nun informe comparativo publicado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, que inclúe unha comparativa dos datos do conxunto de Comunidades Autónomas do Sistema Nacional de Saúde. Con estes datos, a nosa comunidade autónoma consolida as tendencias dos últimos anos e sitúase 59 días por debaixo da media nacional, que segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade é de 115 días de espera media a xuño deste ano.

Así mesmo, a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 6 meses para unha intervención é do 1,9% en Galicia, fronte ao 15,8% do SNS. Un dato que tamén rexistra un descenso con respecto de xuño de 2018, cando a porcentaxe de pacientes con máis de 6 meses de espera era de 2,8%, e de 12,2% na media do Sistema Nacional de Saúde.

Consultas de enfermidade

O tempo medio de espera para as consultas de enfermidade en Galicia é de 38 días. Unha cifra moi por debaixo da media de espera do Sistema Nacional de Saúde, situada en 81 días en xuño de 2019. Isto supón que os galegos esperan unha media de 43 días menos que o conxunto de cidadáns do Sistema Nacional de Saúde.

Sinalar, así mesmo, que a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 60 días para unha consulta é do 20,8% en Galicia, fronte ao 42,6% do SNS.

Servizo Galego de Saúde, 2019-12-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES