Notas de prensa

O programa Xuventude Crea premia a narrativa de tres mozas e mozos

O programa Xuventude Crea ten por finalidade poñer en valor o talento, a creatividade e a innovación da xente nova en 13 especialidades distintas. Estas son: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Fotografía, Graffiti, Música, Poesía, Relato breve, Danza moderna, Videocreación, Teatro, Deseño de xoias e Moda. Os premios en cada unha das categorías son de 3000 euros para o gañador, 1500 euros para o segundo e 1000 euros para o terceiro clasificado.

A Consellería de Política Social deu hoxe a coñecer os gañadores do Xuventude Crea na modalidade Relato Breve. O primeiro galardón foi para a lucense Nerea Pallares pola súa obra A espera, mentres o segundo e o terceiro premio levárono o vigués Miguel Cavadas por O Camposanto e Iago Fernández, de Narón, por Oh Capitán, meu capitán!, respectivamente.

O programa Xuventude Crea ten por finalidade poñer en valor o talento, a creatividade e a innovación da xente nova en 13 especialidades distintas. Estas son: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Fotografía, Graffiti, Música, Poesía, Relato breve, Danza moderna, Videocreación, Teatro, Deseño de xoias e Moda. Os premios en cada unha das categorías son de 3000 euros para o gañador, 1500 euros para o segundo e 1000 euros para o terceiro clasificado.

Un total de 381 mozos e mozas residentes todos eles en Galicia, participaron na edición deste ano do programa cos seus diferentes proxectos e creacións. Esta iniciativa vai dirixida a estimular o enxeño e a imaxinación da mocidade. Os participantes non poderán ser profesionais e, agás nas categorías de teatro, música, graffiti, cociña e danza moderna, deberán presentar proxecto a título individual.

Premios nas modalidades de Poesía, Graffiti, Música e Videocreación

Tamén se coñecen xa as gañadoras e gañadores doutas dez categorías. Na modalidade de Poesía o primeiro premio foi para Hugo Lozano Hermida, de Vilalba, pola obra Muíño de Medianoite. O segundo premio recaeu na ourensá Natalia Umpiérrez Suárez, co poema No exilio da marxe; e en terceiro lugar quedou Laura López Esteban, de Lugo, con Berce.

Na de Graffiti o primeiro premio foi para Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera (Baiona) pola súa obra Cor de corral. En segundo e terceiro lugar quedaron Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume) con Leonesa con bengala e Fernanda Rodríguez Miguelez (A Coruña) con Camiñando entre nos, respectivamente. Tamén se concedeu unha mención de honra a Adrián Lomba Balea (Vigo) pola obra Octopoda grafitae.

Na categoría de Música, o gañador foi Sherchelios (Vigo) coas cancións Cantiga de sal e Inverno en Cangas. En segunda posición quedou Golden Wolves (Xinzo de Limia) coas cancións GZ e Savage. E o terceiro galardón foi concedido de forma compartida a Denis (Vigo) con Figuras molladas e Supreme e a Queridiño (O Carballiño) con Poniente e Your name.

A final do apartado de Videocreación quedou como primeiro clasificado Paula Valiño Rivera (Ames) con Reciprocidade: entre o medo e a vontade. O segundo posto conseguiuno Nicolás Vázquez Ben (Vigo) coa proposta Fuga e o terceiro Catuxa Negreira Cousillas (Santiago) con Metamorfosis.

Gañadores en Moda, Danza, Deseño de xoias e Teatro

Na especialidade de Moda participaron dez mozas e mozos dos que seis chegaron a esta fase final. O primeiro premio foi para Noelia Tojeiro, das Pontes, coa creación Tomba. En segundo e terceiro lugar quedaron a pontevedresa Alba Vidal con Eva00 e Ãngel López Pérez, de Marín, con The Messengers, respectivamente.

En Danza, Ana Rodríguez Salgueiro (Baiona), coa obra Exilio, é a primeira vencedora desta modalidade que se convocou este ano por primeira vez. O segundo premio recaeu en Antón López Yanguas e Germán Manuel García Flores, dous mozos de Culleredo que puxeron en escena a obra Mangüeiro. E en terceiro lugar quedou Suevia Rojo Moure (Ames) con Fío de prata.

Na modalidade de Deseño de xoias participaron 16 rapazas e rapaces dos que dez chegaron á final. O primeiro posto foi para Sergio Pazos de Porto do Son pola súa proposta Mares de prata. En segundo e terceiro lugar quedaron o santiagués Alexandro Castañón con Axóuxeres e Adriana Olveira Rego, tamén de Porto do Son, coa creación Nimbos, respectivamente.

Na categoría de Teatro, o primeiro premio foi para a compañía Gacela Teatro, de Pontevedra, pola súa obra Palabras encandeadas. En segundo lugar quedaron as representacións de Farándula Velutina, de Corcubión, de Papiroflexia e Solo teatro, de Ourense, con Da cor do leite. Por último, o terceiro posto será compartido entre La Barata, de Santiago, coa creación Solo de triángulo en Re, 2º movemento, 3ª parte. Allegro (pero non tanto) e Faísca Teatro, de Vigo, con O que che comentei mentras facías que durmías.

Primeiros clasificados en Artes plásticas e Fotografía

Na especialidade de artes plásticas os gañadores foron: primeiro premio, a pintura A destrución de Adán de Carlota Ãlvarez Feijóo (Piñor); segundo premio compartido entre a escultura Cormorán S.XXI de Laura Calvo González (Cesuras) e a obra As deidades infinitas que todo o ven, todo o oen, todo o ulen pintada por Eva Antelo Mata (Santa Comba); o terceiro premio, tamén compartido entre a escultura 36 registros de espacios inertes de María del Mar Ramón Soriano (Ourense) e a pintura Destinos Pendentes de Catuxa Negreira Cousillas (Santiago). Por último a mención de honra foi para as obras pictóricas Autorretrato de Alejandro Sánchez Aguión (Santiago) e Un vermut mezclado de Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume).

E na modalidade de Fotografía os premiados foron: primeiro premio compartido polas obras Cartografía do esquecemento de Ariadna Silva Fernández (A Estrada) e Non estou tola, a miña realidade é diferente á túa Alva Vidal Capón (Tui); o segundo premio foi para Esvaecerse como formigas nos infinitos campos amarelos de Rebeca López Villar (Vigo) e Fría Galiza de Breogán Alamancos Millán (A Pobra do Caramiñal); o terceiro premio tamén se compartiu entre Caused by humans de Beatriz Barros Touceda (A Estrada) e Microhomofobia de José Ramón Carreira Núñez (Betanzos). As obras Foto carné de Dennise Sánchez Vaccarello (Pontevedra) e Atípicos de María de la Fuente Seoane (Teo) recibiron a mención de honra.

Xuventude Crea, 2019-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (teatro-senpatron-pistacatro.JPG) A Rede Galega de Teatros e Auditorios desenvolverá e ata decembro unha nova programación con 223 funcións escénicas e concertos en 39 concellos das catro provincias. Coa carteleira preparada para o segundo semestre de 2026 chégase ao 30º aniversario deste circuíto autonómico, fundado en 1996 e cofinanciado pola Xunta e as entidades locais asociadas para favorecer unha oferta estable de espectáculos maioritariamente producidos en Galicia desde os principais escenarios galegos. A programación, que se inicia o venres 11, ás 20,30 horas coa montaxe Coralinda a cargo de Elefante Elegante na Sala Bahía de Foz, reúne ata finais de ano as propostas de 109 compañías e grupos de teatro, danza, música, circo e maxia.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) Durante o ano 2025 desenvolveron unha intensa actividade tanto no ámbito da inspección como no das emerxencias marítimas. No eido da protección dos recursos mariños realizou 9.760 inspeccións en todo o litoral galego e detectou 2.589 infraccións da normativa pesqueira. Ademais, foron retiradas máis de 36.000 artes de pesca ilegais ou sen identificar e incautáronse preto de 28.000 quilos de peixe e marisco capturados de maneira irregular. En materia de seguridade marítima, o servizo atendeu 140 emerxencias, 90 de busca e salvamento e 50 de loita contra a contaminación mariña.

Notas

Persoal investigador de oito universidades reuniuse na UVigo, nunha xornada promovida polo proxecto de investigación Esmas-Es+, que ten como obxectivo o deseño dunha ferramenta de etiquetado semántico automática e multilingüe, que facilite a análise do significado das palabras e expresións por parte dos sistemas informáticos. É unha ferramenta que permite automatizar a asignación de etiquetas de significado ás palabras dun texto.
Entre o 13 e o 31 de xullo desenvolverase unha nova campaña de escavación arqueolóxica no Alto de San Cibrán, entre os concellos de Ponteareas e Salceda de Caselas, no marco do proxecto de investigación Castelos no Aire. A intervención dará continuidade aos traballos iniciados en 2024, que permitiron identificar este enclave como un dos centros fortificados máis relevantes da Alta Idade Media na contorna do río Miño.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES