Notas de prensa

Expertos nacionais e internacionais analizarán en Santiago os retos e oportunidades da innovación en saúde

Santiago acollerá, da man da Axencia de Coñecemento en Saúde, o debate experto arredor do futuro da innovación sanitaria. A primeira edición da xornada Fronteiras da Innovación Sanitaria 2019, con máis de 200 profesionais inscritos, permitirá examinar os avances reais na sanidade galega vencellados a proxectos de innovación, difundir as oportunidades existentes na compra pública innovadora ou explorar novos modelos de cooperación en materia de I+D+i.

O foro pretende operar como espazo de discusión e intercambio de experiencias sobre a innovación sanitaria entre os profesionais do sector (entidades públicas e privadas, emprendedores e demais expertos de primeiro nivel).

A xornada, que será inaugurada este xoves polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, conta entre os ponentes convidados coa presidenta da Fundación Cotec e exministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, que intervirá o venres cunha análise sobre o papel da innovación na construción da sanidade do futuro. Na mesma xornada, tomarán parte como conferenciantes a asesora europea en innovación e pensamento en rede, Daria Tataj, e a directora de Proxectos Colaborativos Eurofins-Ingenasa e exsecretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela.

A xornada permitirá coñecer de primeira man iniciativas adoptadas no terreo da innovación. Por exemplo, coa presentación de InnovaIUS.Lab, unha ferramenta orientada a facilitar o deseño de contratos de compra pública innovadora que sirvan como motores da I+D+i. A rede galega de Living Labs de Saúde, concibida como vía de colaboración entre o sistema sanitario, a academia, a industria e a sociedade para axilizar os resultados de innovación, será outra das propostas protagonistas.

Axencia de Coñecemento en Saúde, 2019-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES