Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.613, deles 334 son da área da Coruña, 208 da de Lugo, 162 da de Ourense, 171 da de Pontevedra, 416 da área de Vigo, 222 da de Santiago e 100 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 51 en unidades de hospitalización e 1.547 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.646 persoas curadas, rexistrándose 2.428 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.293.810. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.147.552.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe novos pasos adiante en hostalaría, reunións, campamentos e albergues e anunciou a revisión integral e homoxénea de todas as normas das actividades afectadas pola covid-19. 'Imos levar a cabo unha revisión integral para ter unha nova regulación completa e homoxénea que actualice todas as limitacións; unha nova regulación integral de todas as actividades: hostalería, actividades culturais, actividades deportivas e actividades reguladas con peche completo como poden ser os parques acuáticos, etc', dixo, baixo a previsión de que entre en vigor neste mes de xuño.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.729, deles 335 son da área da Coruña, 208 da de Lugo, 163 da de Ourense, 193 da de Pontevedra, 452 da área de Vigo, 283 da de Santiago e 95 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 1.650 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.374 persoas curadas, rexistrándose 2.427 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.284.738. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.079.132.
O Servizo Galego de Saúde iniciou esta semana o ensaio clínico en menores de 12 anos coa vacina de Pfizer-BioNTech que se está a levar cabo no Hospital Clínico de Santiago. Onte luns, os primeiros voluntarios xa recibiron a primeira dose da vacina ou do placebo, mentres que ao longo da semana completaranse as 25 inmunizacións previstas nesta primeira fase, en nenos de entre 5 ata os 12 anos. En fases posteriores, irase desescalando en idades ata chegar a nenos de 6 meses de idade e aos 55 participantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.734, deles 324 son da área da Coruña, 224 da de Lugo, 161 da de Ourense, 193 da de Pontevedra, 448 da área de Vigo, 295 da de Santiago e 89 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 68 en unidades de hospitalización e 1.651 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.288 persoas curadas, rexistrándose 2.426 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.281.481. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.056.008.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.052, deles 356 son da área da Coruña, 250 da de Lugo, 168 da de Ourense, 232 da de Pontevedra, 574 da área de Vigo, 358 da de Santiago e 114 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 83 en unidades de hospitalización e 1.954 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.743 persoas curadas, rexistrándose 2.424 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.269.259. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.965.286.
O Colexio de Fonseca da USC é dende este mércores o epicentro da investigación interdisciplinaria en torno ao Camiño de Santiago ao acoller o acto inaugural da primeira edición do Congreso Mundial Xacobeo. Este foro que ata o vindeiro 5 de xuño dará voz a especialistas que abordarán o Camiño dende as ópticas da literatura, a filosofía, o dereito, o patrimonio, a saúde ou a historia, foi inaugurado polo rei Felipe VI, quen subliñou o orgullo que para el supón 'inaugurar unha peregrinación intelectual na que pensadores procedentes de tantos lugares, van enriquecer o gran acerbo Xacobeo'.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.206, deles 361 son da área da Coruña, 268 da de Lugo, 164 da de Ourense, 248 da de Pontevedra, 662 da área de Vigo, 400 da de Santiago e 103 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 90 en unidades de hospitalización e 2.095 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.396 persoas curadas, rexistrándose 2.420 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.260.108. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.902.299.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.208, deles 367 son da área da Coruña, 262 da de Lugo, 164 da de Ourense, 262 da de Pontevedra, 662 da área de Vigo, 396 da de Santiago e 95 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 84 en unidades de hospitalización e 2.099 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.313 persoas curadas, rexistrándose 2.419 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.254.796. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.875.459.
Cada galego depositou durante o ano pasado unha media de 63 envases de vidro nos contedores verdes, unha cifra superior á media española (61 por persoa) e que supón ademais unha mostra do compromiso crecente coa recollida selectiva da cidadanía galega, que nun ano marcado pola covid conseguiron seguir reciclando máis e mellor. Neste sentido, cómpre lembrar que a pesar do impacto que supuxo a pandemia para a actividade hostaleira, un sector tradicionalmente responsable de máis do 50% dos envases de vidro do mercado, a nivel doméstico a reciclaxe deste tipo de material aumentou.
« Anterior | 96  de  401 | Siguiente »

Notas sociedad

As tres universidades públicas de Galicia asinaron na Facultade de Xeografía e Historia da USC unha declaración na que se comprometen coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Estas metas constitúen o principal marco de resposta colectiva da humanidade aos grandes retos globais definindo as transformacións necesarias para construír comunidades locais e globais con maior cohesión e xustiza social, equidade, benestar e sustentabilidade.
O Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo acolleu este luns 25 de novembro o acto de entrega de premios do 2º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Foi nun evento conducido polo narrador e poeta Lois Pérez, que abriu o acto cun emotivo recordo da súa propia infancia e avoa, ilustrado con imaxes do seu arquivo familiar.
Ourense converterase un ano máis na capital galega da información, marketing, deseño e publicidade coa celebración do Foro da Comunicación de Galicia chega a súa sétima edición consolidado xa como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores. Esta cita celebrarase o venres 29 de novembro en Expourense.
O proxecto europeo LACES convocou este ano o programa de “Estancias Transfronteirizas” co obxectivo de facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre profesionais de Galicia e Norte de Portugal, e a identificación de puntos de mellora e posibles estratexias para conseguila. Nesta convocatoria participaron profesionais portugueses da agricultura e a gandería, que comezaron a súa estadíaa cunha xornada formativa sobre o peso socioeconómico do sector primario e cooperativo en Galicia.
A II Feira do Transporte de Viaxeiros por estrada, ExpoBus Iberia 2019, a cal se celebra ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, medra considerablemente con respecto á súa primeira convocatoria. Así, ademais de ampliar nun día a súa duración, o certame conta con 152 firmas expositoras, un 50% máis que na pasada cita, cando foran 101. Delas, 64 son expositores directos presentes con stand, un 39% máis, xa que en 2018 foran 46.
A peza teatral de dinamización lingüística 'Rosa caramelo e outras historias' prosegue a súa xira no programa FalaRedes 2019 por 15 localidades da Rede de Dinamización Lingüística. É unha peza pensada para o tempo de lecer do público familiar con cativada dos catro a oito anos, na que a través da palabra e da música se abordan os roles e os estereotipos de xénero, os prexuízos sobre as aptitudes e actitudes dos homes e das mulleres.
No Auditorio do centro social Afundación de Vigo deuse a coñecer o ditame da cuadraxésima segunda edición dos Premios da Crítica de Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.
O Iacobus-Estadías de Investigación é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión. Suma máis de 1.400 candidatos nas edicións anteriores, entre os que foron seleccionados 798 proxectos de investigación en múltiples áreas de coñecemento. Asemade, ten como obxectivo fomentar a cooperación entre os recursos humanos das institucións e ensino superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión.
'Calidade 4.0'. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2019 que se celebra o xoves 7 de novembro e que, como é habitual, Expourense conmemora organizando unha Xornada de Exaltación e entregando os IX Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.
Os dezasete finalistas foron elixidos entre un centenar de proxectos recibidos e analizados polo Comité de Selección, que estivo composto por Sonia Méndez, directora, guionista e actriz; Susana Maceiras, produtora executiva de Adivina Producciones, e María José Arrojo, periodista, profesora e analista de formatos televisivos. Os traballos atópanse en distintas fases de desenvolvemento e inclúen longametraxes, documentais e series.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES