Notas de prensa

Expourense organiza a 9ª edición dos Premios 'Líderes en Calidade' para celebrar o Día Mundial da Calidade

'Calidade 4.0'. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2019 que se celebra o xoves 7 de novembro e que, como é habitual, Expourense conmemora organizando unha Xornada de Exaltación e entregando os IX Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.

Ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado.

Esta xornada comezou coa mesa de apertura na que participaron o delegado da Zona Atlántica de AENOR, Martín Pit; o director xeral da consultora Serviguide, Borja Galán e a directora adxunta de Expourense, Emma González. Esta última recordou que Expourense foi o primeiro recinto feiral de Galicia e o terceiro de España en certificarse en Calidade e Medio Ambiente. Durante esta mesa quedou patente que a calidade xa non é unha ferramenta para distinguirse da competencia, é unha necesidade, “hai que ser eficientes por necesidade e xa non só coa calidade e co medio ambiente, agora hai que ter en conta outro parámetros como a xestión de riscos, a responsabilidade social corporativa, etc”, indicou Borja Galán.

A entrega de premios contou coa presenza do presidente do comité executivo de Expourense e tenente alcalde de Ourense, Jorge Pumar; do vicepresidente da Deputación de Ourense, Armando Ojea; da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz; da presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Novoa e do representante de ABANCA, Mateo Alonso. Durante a súa intervención, Jorge Pumar, fixo referencia a que “estas entidades foron recoñecidas por traballar seguindo modelos de xestión baseados na eficiencia e na busca da satisfacción do cliente ou usuario final dos seus productos e servizos. A calidade é unha meta e tamén unha ferramente que permite facer as cousas ben co menos custo posible”.

IX Premios Líderes en Calidade

Por noveno ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade, a Educación, o Medioambiente-Sustentabilidade ou os servizos sociais.

As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2019 son:

Sector Alimentación. Cafés Lisboa (Ourense)

Cafés Lisboa, empresa familiar ourensá de tuesta e envasado de café fundada no ano 1956. Contan coa ISO 9001 e a 14001. Ofrecen productos de gran calidade a prezos competitivos no mercado. Cunha media de 25 empregados no seu cadro de persoal, distribúen unha media de 55.000 kilos de café ó mes por toda Galicia, León, Asturias e Madrid. A presentación da empresa correu a cargo do seu xerente Francisco Corcobado, que indicou que na actualidade non abonda con “controlar a calidade dos productos, hai que garantila”.

Sector Sanitario. Servizo de Cardioloxía da Ãrea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (A Coruña)

Contan coa certificación ISO 9001. O Servizo de Cardioloxía desenvolve nos últimos anos unha estratexia de mellora continua da calidade nas áreas asistencial, docente e investigadora, apostando pola innovación sanitaria, a nivel tecnolóxico e de servizos. Segundo explicou o cardiólogo Dr. Alejandro Virgós Lamela, é o centro hospitalario con máis número de certificacións de calidade de Galicia, 13 en total e contan coa taxa de mortalidade por infarto de miocardio máis Baixa de España, sendo ata un 50% inferior que noutros hospitais españois”. O premio foi recollido pola xerente do CHUS, Eloína Núñez; e polo Dr. José Ramón Juanatey e por otros traballadores do servizo.

Internacionalización. Grupo Cuevas (Ourense)

Grupo Cuevas conta con máis de 150 anos de historia. UNha empresa que opera de xeito destacado en sectores como a distribución alimentaria, a industria agroalimentaria e a automoción. Cunha actitude emprendedora, vangardista, innovadora e comprometida socialmente, cinco sociedades operan con cifras destacadas como 500 postos de traballo, unha cifra de negocios de máis de 100 millóns de euros en 2017, e presenza internacional en 32 países dos 5 continentes. A traxectoria da empresa foi presentada porla responsable de comunicación, Marta Cidm quen fixo un alegato polo control e mellora dos alimentos e as bebidas que se consomen co obxectivo de manter a boa saúde a longo prazo. O premio foi recollido polo xerente do Grupo Cuevas, Artur Yuste.

Sector Educación. Fundación Paideia (A Coruña)

A Fundación Paideia Galiza constituíuse en 1986 como un espazo aberto, de debate e reflexión. Promove formación e empregos a persoas con menos oportunidades de acceso ao mercado de traballo, baixo o compromiso da igualdade, a sustentabilidade, e os dereitos, traballando en rede cos axentes sociais, públicos e privados. Mostran o seu compromiso cunha visión social da economía, sen dicotomías entre o que entendemos como un emprendedor social e económico, promovendo, incentivando, potenciando e consolidando pequenos proxectos de economía social e desenvolvemento sustentable. A exposicióne a recollida do premio correu a cargo da responsable de calidade, María Fariña. Está certificada en ISO 14001 e en EMAS.

Medioambiente. Grupo Aludec (Pontevedra)

ALUDEC naceu como unha pequena empresa auxiliar de serigrafía e en tres décadas converteuse nun importante provedor internacional con 400 empregados en varios países. Na actualidade contan coa confianza da industria da automoción, un sector moi esixente cos seus proveedores, e traballan directamente cos principais fabricantes de automóviles mundiais.As súas operación realízanse estrictamente baixo os reglamentos públicos de saúde, seguridade e medio Ambiente. Cada departamento do Grupo está certificado de xeito independente e ademáis da ISO 9001 e a 14001 coa que contan todos, están certíficados coas normas específicas do sector como a IATF 16949 ou a relacionada Seguridade no traballo. A exposición sobre esta empresa e a recollida do premios correu a cargo de Nuria Rascado, responsable de calidade e medio ambiente.

Servizos sociais: ASPANAES (A Coruña)

Trátase dunha entidade Non lucrativa de Acción Social, que traballa para apoiar ás persoas con Autismo e ás súas familias, creando oportunidades para mellorar a súa calidade de vida. Leva máis de tres décadas prestigiando a súa actividade, sensibilizando e mobilizando á Sociedade para achegala á pluralidade. É a primeira Entidade galega Acreditada pola Fundación Lealdade. As súas contas están auditadas por auditoría externa e todos os nosos Servizos contan con Certificado de Calidade, segundo a Norma- ISO 9001:2015. O seu Valor diferencial é ofrecer recursos especializados nas distintas etapas da vida da persoa con Autismo baixo o modelo de calidade de vida e facilitar aos seus familiares unha Rede de Apoio e de Confianza mutua. A presentación desta entidade correu a cargo da xerente María Teresa Tiemblo e da responsable de calidade, Ana Otero.

Con esta actividade xa habitual no calendario de eventos de Expourense, a Fundación contribúe a cumprir os seus obxectivos anuais que pasan por fomentar entre as empresas en particular e o resto da sociedade en xeral: a Internacionalización, a Calidade, a Innovación, Emprendemento e a Formación.

Expourense, 2019-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES