Noticias

Galicia rexistra un total de 1.613 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.613, deles 334 son da área da Coruña, 208 da de Lugo, 162 da de Ourense, 171 da de Pontevedra, 416 da área de Vigo, 222 da de Santiago e 100 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 51 en unidades de hospitalización e 1.547 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.646 persoas curadas, rexistrándose 2.428 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.293.810. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.147.552.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

R., 2021-06-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudante-rosalia.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello aprobou o Plan integral de benestar dixital, que será, a partir de agora, a folla de ruta para xestionar de forma axeitada a utilización das tecnoloxías no eido educativo e contribuír, deste xeito, á formación de cidadáns dixitais que fagan un uso consciente, responsable e comprometido destas. O documento, que leva aparellado un orzamento de 7,4 millóns de euros, inclúe un paquete de 'medio cento de medidas' estruturadas en cinco eixes para desenvolver ao longo de cinco anos ata 2030. Segundo abondou Rueda, o plan, deseñado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, nace co obxectivo de blindar os centros educativos como 'contornas dixitais seguras' e saudables onde a innovación avance da man da protección, da igualdade de oportunidades e da defensa dos dereitos e da dignidade das persoas.
Foto de la tercera plana (turismo-rural-treixadura.jpg) Galicia chega un ano máis a unha das maiores citas internacionais do sector turístico cunha extensa programación no seu stand do pavillón 9 de Ifema, que inclúe máis de 50 presentacións ao longo de tres xornadas dirixidas fundamentalmente ao sector turístico. A axenda reflicte o compromiso cun modelo turístico sostible, responsable e diversificado, no que se pon en valor a identidade propia dos territorios, a colaboración institucional e a variedade da oferta. A comunidade presentará unha serie de propostas que van desde a promoción de turismo deportivo, cultural, termal, gastronómico e dos distintos Camiños de Santiago.

Notas

A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (UDC) acollerá os vindeiros días 28 e 29 de xaneiro a II edición de ParlaCoruña, unha simulación do Congreso dos Deputados que se desenvolverá ao longo de dúas tardes e que ofrecerá ao alumnado unha experiencia práctica arredor do funcionamento das institucións parlamentarias. A través do traballo en distintas comisións, as persoas participantes debaterán cuestións de actualidade que afectan á vida cotiá, recreando procesos reais de negociación e toma de decisións políticas.
Recoñecida en 2021 coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, a Fundación Cerezales Antonino y Cinia (FCAYC) emprázase en Cerezales del Condado, unha vila leonesa de pouco máis de 80 habitantes, próxima ás montañas. 'O espírito desta institución está fortemente impregnado dunha conciencia etnoambiental na súa relación coa arte e a cultura contemporáneas', sinala o profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES