//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Durante o primeiro ano de pandemia, o 99% das mortes por covid-19 producíronse en persoas maiores de 50 anos, e máis do 70% eran maiores de 80 anos pese a representar menos do 9% da poboación galega. Co avance da pandemia e a xeneralización de probas PCR entre a poboación, a porcentaxe de casos detectados por grupo de idade é moi semellante practicamente en todos eles. Estas son algunhas das conclusións recollidas nun traballo realizado por investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e do Sergas no que se analizan os datos dun ano de pandemia en Galicia.
A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG pola cal, mediante a tarxeta Xente Nova, todos os menores de 21 anos poderán acceder de xeito totalmente gratuíto ao transporte público interurbano na nosa comunidade. Ata agora, esta tarxeta só podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo), na provincia de Ourense e en trece concellos da área de Pontevedra. Pero desde o día 21 de maio xa se estendeu o seu uso aos 313 concellos de Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.420, deles 461 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 191 da de Ourense, 310 da de Pontevedra, 722 da área de Vigo, 439 da de Santiago e 75 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 96 en unidades de hospitalización e 2.291 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.562 persoas curadas, rexistrándose 2.415 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.229.403. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.787.146.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.498, deles 483 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 197 da de Ourense, 318 da de Pontevedra, 760 da área de Vigo, 437 da de Santiago e 84 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 107 en unidades de hospitalización e 2.360 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.356 persoas curadas, rexistrándose 2.413 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.223.732. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.762.102.
Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe na rolda de prensa do Consello as novas medidas que entrarán vigor o vindeiro sábado, tras a reunión onte do comité clínico, e que hoxe mesmo serán enviadas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a súa validación. Así, nun primeiro termo destacou que os concellos de Mos, A Pobra do Caramiñal e Lobios quedarán en nivel máximo de restricións e, polo tanto, estarán pechados perimetralmente, a hostalería permanecerá pechada e non estarán permitidas as reunións de non conviventes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.624, deles 520 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 203 da de Ourense, 333 da de Pontevedra, 805 da área de Vigo, 453 da de Santiago e 83 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 112 en unidades de hospitalización e 2.480 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.012 persoas curadas, rexistrándose 2.411 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.212.746.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.701, deles 568 son da área da Coruña, 168 da de Lugo, 211 da de Ourense, 395 da de Pontevedra, 831 da área de Vigo, 440 da de Santiago e 88 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 128 en unidades de hospitalización e 2.541 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 120.281 persoas curadas, rexistrándose 2.409 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.190.050. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.679.928.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.744, deles 598 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 221 da de Ourense, 412 da de Pontevedra, 817 da área de Vigo, 443 da de Santiago e 84 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 124 en unidades de hospitalización e 2.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 120.055 persoas curadas, rexistrándose 2.409 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.184.240. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.644.962.
A Xunta de Galicia abre a inscrición dalgunhas das actividades que conforman a campaña de verán, que este ano se pon en marcha baixo o lema 'O verán que mereces. Desde hoxe pódese solicitar praza nun dos 40 campos de voluntariado e, ademais, o DOG publica a convocatoria dos campamentos de verán para as mozas e mozos de entre 9 e 17 anos, polo que a partir de mañá xa se permitirá a recepción de solicitudes. O programa de actividades, que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro, porá á disposición da xuventude galega un total de 7820 prazas, mil máis que o ano pasado.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.789, deles 626 son da área da Coruña, 175 da de Lugo, 223 da de Ourense, 426 da de Pontevedra, 828 da área de Vigo, 424 da de Santiago e 87 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 2.613 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.772 persoas curadas, rexistrándose 2.403 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.174.358. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.607.310.
Preto de 1.400 alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato de 42 centros de ensino de toda Galicia formaranse ao longo deste curso a través do programa Finanzas para mortais, froito da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander.
Este proxecto de educación sexual, para público adolescente e promovido por Illa Bufarda en colaboración ASEIA, foi unha das dez iniciativas recoñecidas na segunda edición do II Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña de proxectos culturais pola igualdade. Ademais da webserie S.E.X, cuxo primeiro episodio se estreou a semana pasada, a iniciativa inclúe unha consultaría virtual sobre sexualidade con persoas expertas na materia de ASEIA e a difusión por centros educativos de secundaria da provincia coruñesa.
Celebrouse no Pazo de Fonseca a entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame. A I Olimpíada Científica Xuvenil Española inspírase na Olimpíada Científica Xuvenil Internacional (IJSO).
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca un novo certame para recoñecer traxectorias excelentes e proxectos impulsados pola xente nova. Trátase dos galardóns Talento Mozo, cos que se dará máis visibilidade ao enxeño e capacidades da mocidade galega nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación, cunha dotación económica de 5000 euros por categoría.
É a primeira vez que o organismo pon en marcha unha acción promocional a través de Internet. Concebido como un relato audiovisual de tres capítulos, o seu leitmotiv é grabar a marca Craega na mente do consumidor. Tamén haberá publicidade offline nas rúas das principais cidades e un programa con actividades a pé de rúa.
A USC acolle ata o vindeiro sábado 19, a fase estatal da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, certame destinado a fomentar e definir vocacións científicas. Esta é a terceira vez, en máis de medio século de historia das olimpíadas científicas en España, en que a capital galega acolle a final estatal dun destes eventos. O acto de clausura e entrega de premios celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o vindeiro sábado 19 de outubro.
Dende este venres ata o 27 de outubro, 50 establecementos hostaleiros de 23 concellos da provincia introducirán pratos con estes produtos acompañados de pan e galletas Daveiga, viño DO Ribeira Sacra e licores. A iniciativa busca fomentar o turismo gastronómico e dinamizar o sector servizos visibilizando a excelente calidade culinaria da provincia.
Presentouse ademais o primeiro vídeo desta campaña, protagonizado por Carmen Rodríguez, vicepresidenta de Clun e coordinadora do grupo Mulleres de Seu da Cooperativa. O vídeo é o primeiro dunha serie de catro, nos que se presentarán a experiencia doutras mulleres do rural para dar a coñecer a súa historia e experiencias para manter un rural vivo e activo.
Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema é unha aproximación fílmica ao tratamento da inclusión e da discapacidade do cine. Seis sesións, dúas cidades e tres películas nas que se aborda, desde diferentes puntos de vista, o dano cerebral adquirido. Todas as proxeccións comezan co pase dun vídeo elaborado por FEGADACE e o ilustrador Miguel Gallardo, O mundo púxose ao revés, e rematan cunha sesión de debate sobre a relación entre a película e o tratamento que fai da discapacidade.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias presentou os resultados de sete proxectos nos que participa xunto con diferentes entidades investigadoras e produtoras de Galicia.Os proxectos contan con financiamento do FEADER, a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR).