Notas de prensa

Santiago de Compostela acolle a final da I Olimpíada Científica Xuvenil Española

Celebrouse no Pazo de Fonseca a entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame. A I Olimpíada Científica Xuvenil Española inspírase na Olimpíada Científica Xuvenil Internacional (IJSO).

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no Pazo de Fonseca na entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou o compromiso e madurez das alumnas e alumnos que deciden presentarse a este tipo de certames. “Estando aquí, demostrastes xa moito. Non só un elevado coñecemento científico, senón tamén habilidades dedutivas, pensamento creativo, capacidade para o traballo en equipo e vontade de superación”.

Carmen Pomar salientou que “promocionar a vocación científica entre os e as máis novas é prioritario para conseguir unha sociedade máis libre e preparada”. Neste sentido lembrou que en Galicia existe unha seria aposta polo uso da tecnoloxía nas aulas desde Infantil, así como para fomentar as vocacións científicas desde o inicio a través de iniciativas como a introdución da “Robótica en Primaria e, xa en etapas máis avanzadas, os Clubs de Ciencias, a Semana STEM, os Espazos Maker ou el STEMBach, por mencionar só algunhas iniciativas”. Todas estas iniciativas teñen como obxectivo “favorecer unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica, clave para avanzar nunha sociedade máis xusta, participativa e libre”.

A conselleira quixo felicitar a todos os participantes “porque o voso esforzo, traballo duro e compromiso merecen o noso recoñecemento”, aos docentes que os acompañaron e ás “persoas, entidades e institucións que con esforzo e implicación fixeron posible a celebración desta primeira Olimpíada Científica Xuvenil Española”.

Os premiados desta fase nacional foron o IES Aramo de Asturias en primeiro lugar, en segundo lugar o Colexio Buen Pastor de Sevilla, e en terceiro lugar o Instituto Histórico Bachiller Sabuco de Albacete.

Durante estas catro xornadas os participantes na competición puxeron a proba os seus coñecementos de matemáticas, bioloxía, física, química e ciencias da Terra nunha serie de exames que incluíron problemas, cuestións teóricas e probas experimentais.

O alumnado e o profesorado acompañante puido tamén gozar de cinco conferencias de divulgación científica impartidas polos catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Gonzalo Álvarez (Xenética), Alberto Bugarín (Ciencia da Computación), Ramón Leis (Química Física), Ángel Carracedo (Medicina Legal) e María José Alonso (Farmacia). Así mesmo tiveron a oportunidade de visitar o Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), o Museo de Historia Natural (MHN) e o Centro de Investigación en Medicina Molecular (CiMUS).

A I Olimpíada Científica Xuvenil Española inspírase na Olimpíada Científica Xuvenil Internacional (IJSO), que aínda non fora implantada en España. Esta competición diferénciase polo seu carácter interdisciplinario e por outorgar moita importancia ao traballo en equipo e ás habilidades dedutivas dos participantes.

I Olimpíada Científica Xuvenil Española, 2019-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES