
A entrada é de balde ata completar o aforo. Este proxecto conta co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración de Afundación. Ademais, profesionais de ADACECO e Sarela van moderar as sesións de debate e resolver calquera dúbida sobre o tratamento do dano cerebral nas tres pelÃculas seleccionadas:
Anxos sen paraÃso (A child is waiting. John Cassavetes, 1963). 102 m. VOSE
• A Coruña * 15/10/2019 * 19:00
• Santiago * 31/10/2019 * 19:00
Jean Hansen é profesora nun colexio para nenos con necesidades especiais no que coñece a Reuben, a quen enche de atención e agarimo, o que lle crea problemas co director do centro, que considera a súa actitude contraproducente. A pelÃcula foi filmada nos anos 60 en colaboración co hospital de Pomona; o seu reparto está composto por nenos e nenas con diferentes discapacidades intelectuais e problemas de saúde mental.
O meu fermoso cerebro roto (My beautiful broken brain. Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014). 86 m. VOSE
• Santiago * 16/10/2019 * 19:00
• A Coruña * 22/10/2019 * 19:00
Reflexión autobiográfica sobre a fraxilidade do cerebro e os cambios na vida despois do ictus sufrido pola produtora de 34 anos Lotje Sodderland, que comezou a gravar o proceso de recuperación co seu móbil e deseguida pediu o apoio da documentalista Sophie Robertson. Conseguiron implicar tamén a David Lynch, que apadriña un filme no que a súa poética está presente para explicar a lesión cerebral e as súas secuelas e as sensacións que provocan.
Máis alá do espello (Más allá del espejo. Joaquim Jordà , 2006). 123 m. VO
• Santiago * 23/10/2019 * 19:00
• A Coruña * 28/10/2019 * 19:00
En 1997 o director Joaquim Jordà tivo un ictus que cambiou totalmente a súa vida e a súa obra deixándolle dúas secuelas: agnosia e alexia. Entrou en contacto con Esther Chumillas, conquense de 18 anos con agnosia desde os 15 por causa dunha meninxite. Con ela, e con outras persoas con dano cerebral, constrúe un relato sobre como se percibe a “realidade” e sobre os retos de afrontar unha nova vida e de sobrepoñerse fronte á adversidade.
O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido (Miguel Gallardo & FEGADACE, 2019). 1,47 m. VO
• Proxeccións ao inicio de todas as sesións.
A Federación Galega de Dano Cerebral e o ilustrador Miguel Gallardo xúntanse para elaborar unha peza audiovisual na que se poñen en relación as causas do dano cerebral adquirido coas súas consecuencias ou secuelas. O coñecemento que FEGADACE ten do dano cerebral e a experiencia en relatar a discapacidade de Miguel Gallardo conflúen para resumir o enorme xiro vital que provoca o dano cerebral e como, con apoio, é posible facer unha nova vida.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.