
O Diario Oficial de Galicia de hoxe sinala que as persoas que desexen participar neste certame poden cursar as súas solicitudes desde mañá ata o vindeiro dÃa 21 de novembro. Os requisitos son ter entre 18 e 30 anos, estar domiciliado en Galicia e contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio ao que se concorra. Unha mesma persoa non poderá presentarse como candidata a máis dun epÃgrafe do premio.
Ademais, as mozas e mozos que concorran a Talento Mozo terán que xuntar co impreso de solicitude unha memoria descritiva do proxecto ou traxectoria coa que optan ao premio, o seu currÃculo e documentación oficial acreditativa dos méritos alegados. Tamén poderán achegar outra documentación que consideren relevante, como apoios á candidatura, publicacións ou fotografÃas, entre outras.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.