
Esta é a terceira edición deste programa, pioneiro en toda España, no que 43 alumnas e alumnos do ciclo de grao superior de Administración e finanzas serán os responsables de impartir a devandita información. Para iso, recibiron preparación por parte dos responsables do Banco de Santander nunha xornada desenvolvida o pasado venres no CIFP Compostela.
Esta iniciativa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economÃa. A actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo, Eduemprende.
Actividades nos centros
As actividades nos 42 centros educativos comprenderán sesións, talleres e charlas impartidas polo alumnado voluntario de FP xunto con profesionais do Banco Santander. Nelas desenvolverán conceptos como o significado do diñeiro, o consumo e aforro responsables, a renda variable, os créditos e os préstamos, o cambio de moeda e o emprego de tarxetas no estranxeiro, os impostos, a débeda pública, a xubilación, os tipos de financiamento, a cotización á Seguridade Social ou a diferenza entre persoa fÃsica e persoa xurÃdica, entre outros.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.