
A peza teatral de dinamización lingüÃstica 'Rosa caramelo e outras historias' prosegue a súa xira no programa FalaRedes 2019 da Xunta de Galicia por 15 localidades da Rede de Dinamización LingüÃstica (RDL) e chega esta fin de semana ao concello coruñés de Trazo, que acollerá unha función no seu Centro Social Polivalente, o sábado 16, ás 12,00 horas. Asà o deron a coñecer hoxe pola mañá o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, e a alcaldesa, Josefina Suárez, acompañados por Artur Trillo, responsable de TalÃa Teatro.
“Rosa Caramelo é unha peza especialmente pensada para o tempo de lecer do público familiar con cativada dos catro a oito anos, na que a través da palabra e da música se abordan os roles e os estereotipos de xénero, os prexuÃzos sobre as aptitudes e actitudes dos homes e das mulleres”, sinalou o representante do Goberno galego, quen recordou que “debemos sumar esforzos desde todas as Administracións para incidir, entre todos, na promoción do uso do galego nas idades máis temperás e a súa transmisión familiar”.
O domingo 17, a peza poderase gozar na Casa da Cultura de Burela, ás 18:00 horas, e as seguintes paradas serán xa, na fin de semana que vén, nos concellos do Porriño e de VilagarcÃa de Arousa, onde TalÃa Teatro pechará unha xira que levou a actividade tamén, desde outubro, a Ribadavia, A Rúa, VilamarÃn, Bueu, Ordes, Laxe, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Viana do Bolo, Negreira e LalÃn.
Rosa Caramelo e outras historias está interpretada por Artur Trillo e Fernando Fraga baixo a dirección de Paula Carballeira e conta a historia da elefanta Margarida -a única do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo- e tamén as de Os bonobos con lentes, Unha feliz catástrofe e Artur e Clementina.
Coma sempre nos programas de dinamización lingüÃstica que promove a ConsellerÃa de Cultura e Turismo en concellos da RDL, a entrada á actividade é libre e de balde ata completar a capacidade das salas. Toda a información e calendario completo poden consultarse no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.