Notas de prensa

Selecciones 17 proxectos para a 13ª edición do pitching 'I+P Ideas para Producir'

Os dezasete finalistas foron elixidos entre un centenar de proxectos recibidos e analizados polo Comité de Selección, que estivo composto por Sonia Méndez, directora, guionista e actriz; Susana Maceiras, produtora executiva de Adivina Producciones, e María José Arrojo, periodista, profesora e analista de formatos televisivos. Os traballos atópanse en distintas fases de desenvolvemento e inclúen longametraxes, documentais e series.

O Clúster Audiovisual Galego da a coñecer a selección dos 17 proxectos para a 13ª edición do pitching “I+P Ideas para producir”, que se celebrará os días 19 e 20 de novembro en Pontevedra.

A sesión de pitching e as reunións one to one terán lugar o mércores 20 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os traballos serán presentados ante un auditorio formado por responsables de contidos de canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel como RTVE, Mediaset España, Movistar+, CRTVG, Aragón TV, TV3, Grupo Euskaltel, Filmax, A Contracorriente Films, DeAPlaneta, Portocabo, Atípica Films, entre outras.

Os 17 proxectos seleccionados para a 13ª edición do “I+P Ideas para producir” son:

● “MARÃA CASARES. LA MUJER QUE VIVIÓ MIL VIDAS”, longametraxe documental de Agallas Films.
● “STARMUCKS (LA PEQUEÑA VARIACIÓN)”, longametraxe de Gaitafilmes.
● “OVEREXPOSED”, serie de ficción de Productora Faro.
● “LOS CUENTOS DE ORI (ORI´S TALES)”, serie de animación de Producciones Vigo e a EISV.
● “ATLANTIC TOUCH”, serie de ficción de Congo Producciones.
● “BALEA”, serie de ficción de Daniel Suárez.
● “O CORPO ABERTO”, longametraxe de Ollo Vivo.
● “JUEGO DE DAMAS”, serie de ficción de Celia González.
● “LA INDIANA”, serie de ficción de Jorge Hernández.
● “DENTRO DEL TRIÃNGULO”, serie de ficción de Lekanto.
● “LAS BRUJAS DE O MATO”, longametraxe de Héctor Domínguez-Viguera.
● “FASE TRES”, serie de ficción de Jorge Blas.
● “LOVELESS”, longametraxe de Acheron Films.
● “DÚAS VELLAS, SETE GATOS, TRES MÃQUINAS DE COSER”, documental de Impulso TV.
● “O SILENCIO HERDADO”, longametraxe documental de La Selva.
● “DESTELLO BRAVÃO”, longametraxe de Ainhoa Rodríguez.
● “LOS SUSPIROS”, longametraxe de Belle Films and TV.

Ao igual que ocorreu na edición pasada, os proxectos seleccionados gozarán de maneira gratuíta dunha suscrición Premium dun ano no mercado online de Filmarket Hub, que ofrece a plataforma como empresa colaboradora do evento, onde poderán potenciar a súa visibilidade e conectar con toda unha rede de produtores e empresas de Europa e Latinoamérica. Obtendo unha maior visibilidade e novas oportunidades de atopar socios interesados nos seus proxectos e podendo acceder a outras empresas, ademais das que participen no Pitching.

Nesta edición, o “I+P Ideas para Producir” é unha actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura e Deporte, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Deputación de Pontevedra. Cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e, do Concello de Pontevedra.

Tamén conta ca colaboración, da asociación CREA, da Pontevedra Film Commission, da plataforma Filmarket Hub, do Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), e con patrocinio de Galicia Calidade, Gadisa e da compañía Music Library & SFX.

Clúster Audiovisual Galego, 2019-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES