Noticias

Galicia rexistra un total de 1.581 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.581, deles 361 son da área da Coruña, 208 da de Lugo, 155 da de Ourense, 157 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 206 da de Santiago e 108 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.512 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.782 persoas curadas, rexistrándose 2.428 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.297.829. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.181.791.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

R., 2021-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-ciberseguridade.jpg) Esta ampliación é posible grazas a un dos proxectos en que Galicia e o Norte de Portugal traballan conxuntamente para mellorar no ámbito da I+D+i. Trátase do IberianQCI-Iberian Quantum Communication Infrastructure, çque ten como obxectivo o despregamento de conexións transfronteirizas entre as redes nacionais de comunicacións cuánticas de España (SpainQCI) e Portugal (PTQCI), contribuíndo así á construción da infraestrutura europea de comunicación cuántica segura (EuroQCI), que abarcará toda a Unión Europea. Este paso supón a continuación do traballo feito ata agora en Galicia, especialmente polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e a Universidade de Vigo (UVigo) a través do Vigo Quantum Communication Center (VQCC), adscrito ao centro de investigación AtlanTTic da rede CIGUS.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) O Executivo galego, na súa reunión de hoxe, deulle luz verde ao inicio da consulta pública previa á redacción deste anteproxecto de lei que establecerá un marco xurídico moderno, integral e adaptado ás necesidades actuais da saúde pública de Galicia. A través do proceso de consulta pública recolleranse as achegas da cidadanía e dos axentes implicados á redacción da norma. 'Queremos modernizar o marco xurídico en materia de saúde pública para responder aos desafíos actuais', indicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen falou dos novos riscos 'sanitarios e ambientais'.

Notas

Lugopoética dividiuse en seis sesións, cada unha protagonizada por dous autores - agás unha delas, na que interviñeron tres – vinculados pola súa actividade, profesión ou por ter lazos familiares. Entre eles hai labregos, cregos, profesores ou filósofos, que leron anacos das súas obras e contrastaron as súas experiencias e puntos de vista. A iniciativa comezou no ano 2024 co obxectivo de divulgar a riqueza e potencial da creación poética na provincia. A edición deste ano está en marcha – comezou febreiro e remata en xuño-, con seis novos encontros protagonizados por outros 12 autores lucenses.
O legado de Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista a prol dos dereitos das mulleres, resoou no Colexio de Fonseca. No acto institucional co que a USC conmemora o Día das Letras Galegas, a reitora Rosa Crujeiras destacou a obra literaria e o labor xornalístico desta autora que ocupa 'un lugar central da cultura galega contemporánea', como recoñeceu a RAG ao dedicarlle a celebración do 17 de maio.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES