//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Foi presentado hoxe no Centro de acollida ao peregrino, o espectáculo de luz, son e danza que terá lugar o vindeiro 31 de decembro co motivo do remate do Xacobeo. A compañía Nova Galega de Danza, dirixida por Jaime Pablo. será a encargada de levar a cabo o espectáculo de luz, que une tradición e modernidade no mesmo camiño. Un equipo composto por arredor de 100 persoas, entre o corpo de baile, coro, técnicos e persoal de produción farán as delicias dos espectadores e farán do peche da Porta Santa un acontecemento que se retransmitirá pola TVG, e que dará comezo e torno ás 19h despois da misa na Catedral.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.069, deles 446 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 318 da de Ourense, 174 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 290 da de Santiago e 141 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 238 en unidades de hospitalización e 1.828 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 683.343 persoas curadas, rexistrándose 3.998 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.020.807. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.512.240.
Galicia rexistrou un outono moi cálido e moi húmido segundo o Informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia que foi presentado hoxe pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez. Segundo o informe, o outono de 2022 foi moi cálido cunha temperatura media de 15,9 ºC, o que supón unha anomalía positiva de +1,4 graos con respecto á media da serie histórica 1981-2010. Sagrario Pérez explicou que isto se debeu principalmente a que as temperaturas mínimas foron moi cálidas sobre todo no mes de outubro (+1,9 ºC) mentres que as máximas foron cálidas (+1 ºC).
A conselleira María Jesús Lorenzana clausurou ante máis de 100 persoas a xornada Rede CIM: a importancia do autocoidado entre o persoal -enmarcada na IV edición do Plan de formación do persoal dos Centros de Información á Muller que promove este departamento da Xunta- onde avogou por estes centros como dinamizadores dos recursos de atención ás mulleres e ás vítimas da violencia de xénero. Lorenzana gabou o traballo preventivo e de sensibilización desenvolvido polos 84 CIMs despregados por Galicia e que dan cobertura universal e gratuíta a 193 concellos.
Galicia e Norte de Portugal amplían a súa colaboración transfronteiriza no ámbito das urxencias sanitarias, logo da sinatura, no día de hoxe, dun Memorando de entendemento entre o Instituto Nacional de Emerxencia Médica I.P. e a Consellería de Sanidade. Ao acto de sinatura, que correu a cargo do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e do presidente do antedito Instituto, Luís Meira, tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo. Tal e como sinalou o conselleiro de Sanidade, dende o ano 2014 existe un Protocolo de colaboración transfronteiriza entre a Administración Rexional de Saúde do Norte de Portugal e a Xunta de Galicia, para actuar conxuntamente ante determinadas emerxencias.
Foi presentada a programación dunha nova edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística que arranca este venres e levará actividades para público familiar a unha vintena de concellos. Na edición deste ano apóstase por actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. A primeira das actividades será este venres no centro social de Pontecesures coa proposta Fazulas e o ladrón de paraugas. Trátase dunha iniciativa da compañía teatral Bandullo Azul, protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.
Foi inaugurado en Pontevedra o Congreso sobre prevención, modelo forestal e usos do solo, enmarcado no proxecto europeo Interlumes, que se integra, á súa vez, no Programa Interrreg VA 2014-2020 Galicia- Portugal (POCTEP). O obxectivo fundamental de Interlumes é o de reforzar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais na fronteira de España e Portugal. Para iso, a través do proxecto melloraranse e reforzaranse os medios existentes de prevención e extinción de incendios. Tamén se avanzará na definición dun protocolo de actuación conxunta e xestión compartida de medios e modelos de actuación na defensa contra o lume que homoxeneíce as actuacións que in situ se levan a cabo na fronteira.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.347, deles 254 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 210 da de Ourense, 122 da de Pontevedra, 313 da área de Vigo, 197 da de Santiago e 81 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 190 en unidades de hospitalización e 1.152 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 682.770 persoas curadas, rexistrándose 3.983 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.016.272. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.502.506.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.326, deles 231 son da área da Coruña, 149 da de Lugo, 235 da de Ourense, 128 da de Pontevedra, 291 da área de Vigo, 199 da de Santiago e 92 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 159 en unidades de hospitalización e 1.159 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 682.433 persoas curadas, rexistrándose 3.982 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.014.807. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.499.909.
Tivo lugar unha xuntanza da Oficina Técnica da Seca, na que participan Augas de Galicia, Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural, na que se confirmaron as expectativas de melloría dos indicadores de seca prolongada e de escaseza conxuntural. As precipitacións rexistradas no conxunto da comunidade no mes de novembro foron un 50% superiores aos valores medios, e as previsións para o mes de decembro apuntan á normalidade, sendo este mes o máis chuvioso do ano no clima galego. En relación coas reservas de auga dispoñibles de abastecemento, na xuntanza de hoxe confirmouse que a evolución dos caudais dos ríos, ademais de manterse, experimentaron unha importante melloría.
O FIV de Vilalba volverá tinguir de rosa fucsia a localidade que lle viu nacer fai xa quince edicións. Ata o vindeiro domingo, o FIV acollerá un dos carteis máis completos que se lembran, volvendo á súa orixe, formando parte de apertura da tempada de festivais. Trátase dun evento único que funciona ademais como dinamizador cultural do territorio, xa que durante o mesmo, as dezanove propostas musicais mestúranse con outras disciplinas que completan a experiencia.
A secuenciación xenómica do SARS-CoV-2 permite identificar as variantes do virus e trazar a súa diseminación a unha escala xeográfica grande, comprendendo así como este se move polo planeta. Pero a abordaxe estándar de secuenciación non permite explicar como o virus se transmite a unha escala máis pequena, por exemplo, dentro dun domicilio ou nunha residencia da terceira idade.
A segunda edición de Instagrammers no Camiño pechouse duplicando os impactos da primeira, con máis de 27 millóns de impactos conseguidos a través das máis de 400 publicacións realizadas polos seis instagrammers que participaron. Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño, e os influencers Xurxo Carreño, Natalia Maquieira e Tamara García Romero foron os participantes nesta ocasión.
Galicia vai reforzar os contidos humanísticos nos currículos educativos coa incorporación da Historia anterior a 1812 en Bacharelato, cuestión que o Goberno do Estado obviou introducir nos textos e que a Xunta considera fundamental no desenvolvemento académico do alumnado, e que se compaxinará co impulso das competencias STEM (Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía).
O Camiño de Santiago rexistra bos datos unha vez superadas as restricións pola pandemia, como o demostra o feito de que só na primeira fin de semana de abril se rexistraran máis peregrinos que en todo o mes de abril do ano pasado. De feito, entre o día 1 e 4 do mes de abril recolleron a Compostela algo máis de 1.600 peregrinos, cando en todo abril do 2021 rexistráronse pouco máis de 1.000.
Artellar un programa pioneiro en Galicia que promova a protección e o acompañamento das mulleres activistas de dereitos humanos que nos seus respectivos países están a sufrir graves situacións de acoso e risco. Esta é a meta na que traballa a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC da man da Coordinadora Galega de ONGD e Solidariedade Internacional de Galicia.
Co obxectivo de fomentar o emprendemento desde unha perspectiva de xénero, desde setembro de 2019 a Universidade de Vigo e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) participan no proxecto europeo Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción). A súa programación inclúe o desenvolvemento de diferentes mobilidades entre mulleres dos países participantes, que son ademais de España, Francia, Bélxica e Alemaña.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentou na Reitoría, xunto co vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, os seis novos investigadores de alto nivel captados na última convocatoria Ramón y Cajal. Alejandro Criado Fernández, Roberto Javier Brea Fernández, Óscar Ibáñez Panizo, e Armand Hernández Hernández están xa incorporados na UDC.
Faleceu en Lugo Daniel Pérez Pereira (Danip), mestre e artista gráfico, que naceu en Lugo o 17 de abril de 1934, de familia con raices no concello de Baleira. Bacharelato e carreira de Maxisterio estudounos en Ourense, onde seu pai fora destinado. En Viana do Bolo coñeceu á súa muller, Rosita González Pérez, coa que levaba casado 59 anos. Vocacionalmente mestre, exerceu en diversos destinos, mesmo nos E.E.U.U., onde puido ensinar na Universidade, pero prefiriu o Maxisterio e Galicia para afincarse.
Alumnado das materias de Literatura e Arte e de Literatura Infantil e Dramatización que imparte a profesora Rocío G. Pedreira na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC dan vida á nova bitácora de literatura infantil Petiscando libros, un repositorio virtual a través do que se ofrece á sociedade unha cada vez maior relación de títulos, clasificados en función da temática que tratan.