Noticias

Galicia rexistrou un outono moi cálido e moi húmido

Galicia rexistrou un outono moi cálido e moi húmido segundo o Informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia que foi presentado hoxe pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez. Segundo o informe, o outono de 2022 foi moi cálido cunha temperatura media de 15,9 ºC, o que supón unha anomalía positiva de +1,4 graos con respecto á media da serie histórica 1981-2010. Sagrario Pérez explicou que isto se debeu principalmente a que as temperaturas mínimas foron moi cálidas –sobre todo no mes de outubro (+1,9 ºC) mentres que as máximas foron cálidas (+1 ºC).

Máis polo miúdo, no Macizo de Manzaneda e en Pena Trevinca rexistráronse os valores máis baixos de temperaturas -en torno aos 7,1 graos- mentres que os máis altos corresponden a gran parte do oeste da provincia de Pontevedra e ao noroeste da Coruña, onde acadan os 17,9 ºC.
 
No que atinxe ao balance pluviométrico, a chuvia media para as 16 estacións que compoñen a serie rexional foi de 588 l/m2, un 35% superior á media, o que supón que se considere “un outono moi húmido”, segundo dixo Sagrario Pérez. Nesta liña, engadiu que isto se debeu ás precipitacións xeneralizadas e persistentes dos meses de outubro e novembro.
 
De feito no último mes as borrascas atlánticas afectaron de xeito continuo á Comunidade, deixando cantidades de chuvia moi elevadas que mesmo deron lugar nalgunhas xornadas a avisos por acumulación de precipitación.

R., 2022-12-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

A colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica acumulada polos servizos universitarios de atención psicolóxica e a evidencia científica dispoñible neste ámbito.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES