Notas de prensa

Esta fin de semana arrinca a decimoquinta edición do FIV de Vilalba

O FIV de Vilalba volverá tinguir de rosa fucsia a localidade que lle viu nacer fai xa quince edicións. Ata o vindeiro domingo, o FIV acollerá un dos carteis máis completos que se lembran, volvendo á súa orixe, formando parte de apertura da tempada de festivais. Trátase dun evento único que funciona ademais como dinamizador cultural do territorio, xa que durante o mesmo, as dezanove propostas musicais mestúranse con outras disciplinas que completan a experiencia.

O FIV fará vibrar Vilalba desde primeira hora da tarde do venres da man do DJ Isaac Peces, e avanzado o día chegarán algúns dos pratos fortes do festival como Sen Senra, Natalia Lacunza, Carlos Sadness, La La Love You, Forget la france, Idoipe, The Zephyr Bones, Juárez, y Rapariga DJ.

O sábado, a actividade comezará a media mañá da man da Banda de Música de Vilalba, e durante a xornada os asistentes tamén bailarán ao ritmo de Viva Suecia, Rufus T. Firefly, Cupido, Baiuca, Delafé Dj Set, Kokoshca, Fábrica de Espejos, Saya, Russ y Rapariga Dj.

Trátase dun evento único que funciona ademais como dinamizador cultural do territorio, xa que durante o mesmo, as dezanove propostas musicais mestúranse con outras disciplinas atractivas que completan a experiencia. E nesta edición máis que nunca, porque o FIV e o Concello de Vilalba darán continuidade á programación paralela ao festival, que pasa por unha oferta gastronómica de primeiro nivel, e unha novidade que chega para quedar, a colaboración cun festival doutras disciplinas.

Apoiando outras iniciativas e xerando un enriquecedor intercambio de contidos para ampliar a experiencia do público asistente, o FIV dará este domingo a benvida a Play-Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, un referente no panorama dos eventos cinematográficos, pero tamén un importante punto de encontro para que outras manifestacións artísticas dialoguen co cinema desde diferentes perspectivas. Play Doc achega a Vilalba a proxección do documental: ‘A Poem Is a Naked Person', dirixido por Les Blank.

Todo ao dispor dun público moi fiel que contará, como sempre, cunha proposta apta para todas as idades. O festival pode desenvolverse tamén grazas a importantes apoios institucionais como o do Concello de Vilalba e o Xacobeo 21·22, e grazas a empresas que tamén formarán parte do FIV como Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas, que xera encontros en torno ao directo, Entrepinares e Gadis.

Vilalba gozará durante tres días das diversas actuacións e actividades, que estarán repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución -o Escenario Xacobeo FIV Emerxente-, e no Campo da Feira -Escenario Vibra Mahou FIV-, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. Ambos os escenarios estarán a cuberto, e a organización do festival traballa en todo momento na adaptación dos recintos ás condicións climáticas que se esperan para as próximas horas. Garantirá, en todo momento, a seguridade de público e artistas seguindo os protocolos vixentes.

O FIV de Vilalba é un festival para todas as persoas, por iso presenta este 2022 un plan de accesibilidade pioneiro -da man da empresa I-Radia Crea en colaboración con ACOPROS , Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo-. Contará con entradas, barras e aseos accesibles, implementa o libre acceso de cans guía ou de asistencia, facilitará a entrada gratuíta ás persoas acompañantes en caso de necesidades de apoio, e contará ademais con letras de cancións nos concertos, puntos de información e asistencia e mochilas vibratorias.

Un acontecemento crave para Vilalba, que pode desenvolverse grazas ao apoio do Concello e que supón para a localidade unha inxección importante en canto á revitalización económica; pois o seu desenvolvemento tradúcese en emprego, promoción da localidade, e atracción do turismo. Repercusión para a vila de Vilalba non só a nivel comunitario, senón tamén a nivel nacional e internacional.

Todos os asistentes ao festival poderán gozar tamén, un ano máis, da campaña #EUSONFIV. Ensinando a súa pulseira do FIV 2022, poderán gozar de descontos do 5% en numerosos establecementos de Vilalba como Que Ves Óptica e Audición, Calzados Prieto, Taxi Vilalba…

O FIV, xunto ao Concello de Vilalba, volve conxugar a esencia do propio festival marcada polos mellores artistas do panorama indie nacional dando continuidade á programación paralela do festival, aproveitando distintos espazos da localidade dinamizando e ampliando a actividade na vila. Actividades alternativas, aderezadas coa mellor música en directo, e coa posibilidade de combinalo todo coa oferta gastronómica local. Unha nova edición do FIV que volve destacar nesta 15ª edición a importancia e o protagonismo de Vilalba.

Os abonos continúan á venda a través da web https:// fivdevilalba.como a un prezo de 45€ (+ g.x.) tras esgotarse os tres primeiros tramos.

FIV Vilalba, 2022-04-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES