Noticias

Os Centros de Información á Muller atenderon nos últimos dez anos máis de 650.000 consultas

A conselleira María Jesús Lorenzana clausurou ante máis de 100 persoas a xornada Rede CIM: a importancia do autocoidado entre o persoal -enmarcada na IV edición do Plan de formación do persoal dos Centros de Información á Muller que promove este departamento da Xunta- onde avogou por estes centros como dinamizadores dos recursos de atención ás mulleres e ás vítimas da violencia de xénero. Lorenzana gabou o traballo preventivo e de sensibilización desenvolvido polos 84 CIMs despregados por Galicia e que dan cobertura universal e gratuíta a 193 concellos.

O propósito, aseverou a conselleira, segue a ser ampliar esta rede para acadar unha cobertura do 100 %, “para que ningunha muller se sinta desamparada, para que a información útil e veraz sobre a materia que nos atinxe chegue a concienciar ao 100 por cento da poboación”.

Nos CIM galegos traballan na actualidade 246 persoas que nos últimos dez anos atenderon máis de 650.000 consultas, a maior parte relacionadas coa atención psicolóxica, ás que se suman outras de asesoramento xurídico, información de recursos, orientación ao emprego, ou información de cursos, xornadas e actividades, entre outras. Dese conxunto, máis de 100.000 permitiron atender vítimas da violencia de xénero.

Consciente da necesidade dos CIM, o Goberno galego leva investidos nestes centros desde o ano 2009 máis de 42,3 millóns de euros para o seu apoio e funcionamento. En 2023 destinaranse 4,1 millóns de euros para posibilitar a creación de máis infraestruturas e mellorar as xa existentes.

O ano que ven crearase unha liña de axudas para que os concellos poidan investir novos recursos na mellora das infraestruturas e equipamentos nos centros e que estará dotada con 1,4 millóns de euros, indicou a titular de Promoción do Emprego.

A Xunta de Galicia dispón os instrumentos necesarios e unha cualificación “transversal e interseccional en igualdade” que, tal e como explicou Lorenzana, incorpora programas específicos favorables para o intercambio de experiencias entre o persoal dos CIM.

O IV plan de formación para os CIM que se estreou o pasado 2 de novembro e remata hoxe, abrangueu temáticas de índole diversa que culminaron cos relatorios de expertas acerca dos autocoidados do persoal.

Lorenzana amosou o seu apoio á suma de coñecementos para mellorar a atención e o traballo de intervención das profesionais que traballan en contacto directo coas vítimas e as súas contornas. Como “recurso clave na primeira liña de acción”, indicou a Conselleira, a Xunta prima a saúde mental e as necesidades das persoas que traballan nos CIM.

R., 2022-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

A colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica acumulada polos servizos universitarios de atención psicolóxica e a evidencia científica dispoñible neste ámbito.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES