
A ampliación da colaboración supón avances significativos, entre os que o conselleiro galego citou o establecemento das bases sobre as que se efectuarán as actuacións en caso de necesidade de asistencia sanitaria urxente. Así mesmo, facilítase a continuidade da asistencia no territorio que dedica o paciente, se as necesidades sanitarias da persoa usuaria asistida e o criterio médio o permiten. En consecuencia, mellórase o seguimento e a continuidade asistencial do asistido, independentemente de onde ocorra o suceso e optimízanse os recursos de ambos territorios, no caso de incidentes con múltiples vítimas, -remarcou Comesaña-.
Traballo conxunto
Na súa intervención no acto de sinatura, o máximo responsable do Servizo Galego de Saúde dixo que, hai polo menos doce anos, que Galicia e Portugal traballan conxuntamente en materia de emerxencias, una colaboración que se materializou no proxecto ARIEM 112 e posteriormente no ARIEM Plus. De feito, leváronse a cabo simulacros para ensaiar as actuacións conxuntas entre ámbolos dous territorios.
Tal e como remarcou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, estes traballos conxuntos foron fundamentais para a elaboración de protocolos de actuación e pactos de axuda mutua, e os datos confirman a importancia destes protocolos, posto que en materia de asistencia transfronteiriza, e no que vai de ano, recibíronse, -proseguiu o conselleiro-, 28 chamadas de teléfonos portugueses na Central de coordinación galega por problemas de saúde de cidadáns na zona transfronteiriza, a cifra máis alta dos últimos tres anos.
Segundo incidiu Comesaña, estas chamadas terán unha resolución máis efectiva coa sinatura do memorando, porque permitirá, no caso de ser necesario polo problema de saúde e conforme á dispoñibilidade dos recursos, o traslado ao país de procedencia do paciente, sempre despois dunha valoración polo persoal sanitario do 061.
Para rematar a súa intervención, o conselleiro galego dixo que esta cooperación será frutífera e servirá para optimizar os recursos destes territorios, dando lugar a unha atención máis eficiente dos nosos cidadáns.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.