Noticias

Presentado o espectáculo de luz, son e danza que terá lugar o vindeiro 31 de decembro na praza da Quintana co motivo do remate do Xacobeo

Foi presentado hoxe no Centro de acollida ao peregrino, o espectáculo de luz, son e danza que terá lugar o vindeiro 31 de decembro co motivo do remate do Xacobeo. A compañía Nova Galega de Danza, dirixida por Jaime Pablo. será a encargada de levar a cabo o espectáculo de luz, que une tradición e modernidade no mesmo camiño. Un equipo composto por arredor de 100 persoas, entre o corpo de baile, coro, técnicos e persoal de produción farán as delicias dos espectadores e farán do peche da Porta Santa un acontecemento que se retransmitirá pola TVG, e que dará comezo e torno ás 19h despois da misa na Catedral.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presentaron hoxe no Centro de acollida ao peregrino, o espectáculo de luz, son e danza que terá lugar o vindeiro 31 de decembro co motivo do remate do Xacobeo.
 
Nava Castro e Jacobo Sutil estiveron acompañados polo director artístico de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo. A compañía será a encargada de levar a cabo o espectáculo de luz.
 
“Un equipo composto por arredor de 100 persoas, entre o corpo de baile, coro, técnicos e persoal de produción farán as delicias dos espectadores e farán do peche da Porta Santa un acontecemento sen igual”, explicou Nava Castro, que tamén convidou a todos os galegos e galegas a seguir en directo a retransmisión do acto pola TVG, que dará comezo e torno ás 19h despois da misa na Catedral.
 
O director artístico de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo, explicou o desenvolvemento do acto no que, segundo avanzou, se unen tradición e modernidade no mesmo camiño.
 
“Un camiño que levamos percorrendo de xeito único na historia durante dous anos de Xacobeo. Por esta excepcionalidade, este peche da Porta Santa non podía ser outra cousa que un auténtico acontecemento que celebre o corpo do camiñante, a terra que pisa, e o propio camiño que ten Galicia por destino. Desde Nova Galega de Danza convidámosvos a esta última peregrinación a través do baile, a música, o canto, a luz e as sombras, ata chegar a este destino final no que nos atopamos, a emblemática praza da Quintana de Santiago. Esta viaxe que imos facer será, como o propio Camiño, simbólica e espiritual. Viviremos un amencer de etapa nun cántico de arrieiro interpretado por Xurxo Fernández, as músicas de Sergio Moure de Oteyza e que lle seguirá un bosque de voces do coro de Carmen Rey e unha reinterpretación da Negra sombra de Rosalía de Castro”, explicou Jaime Pablo.

R., 2022-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

A colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica acumulada polos servizos universitarios de atención psicolóxica e a evidencia científica dispoñible neste ámbito.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES