//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, reuniuse hoxe co Consello Galego de FP para explicar a oferta de ciclos, másteres e programas formativos para o curso 2023/24. Un total de 42.174 prazas nun catálogo amplo e variado para dar resposta ás necesidades de todas as familias profesionais, sectores e territorios. Cómpre salientar que, do total das 42.174 novas prazas, 34.704 son na modalidade presencial, a maior oferta presencial da historia, e só 7.470 son a distancia. Ademais, haberá 1.482 grupos cursando Formación Profesional de xeito presencial e só 151 o farán a distancia.
As 42.174 prazas de novo ingreso que se van ofertar dan resposta ás necesidades de todos os territorios e sectores produtivos cun importante aumento da oferta na meirande parte das familias profesionais. En función das diferentes reunións mantidas cos sectores profesionais ao abeiro do Plan Conecta FP Galicia, prodúcense incrementos significativos nas prazas ofrecidas nas familias profesionais de Industrias extractivas (+221%), Enerxía e auga (+37%), Agraria (+22%), Marítimo-pesqueira (+19%), Informática e comunicacións (+19%), Imaxe e son (+18%), Edificación e obra civil (+17,5%) e Instalación e mantemento (+15%).
Galicia converterase o próximo mes de outubro no epicentro do debate europeo sobre a restauración dos océanos e sobre o futuro da ciencia mariña ao acoller a Conferencia EurOCEAN 2023, un foro que reunirá na cidade de Vigo a comunidade científica europea, a responsables políticos da Unión Europea e dos Estados Membros, a industria marítima e outras partes interesadas do mar. O EuroOCEAN 2023 terá lugar os días 10 e 11 de outubro e a súa sede será o auditorio Mar de Vigo, que se converterá nun espazo de intercambio e debate sobre os últimos avances e desafíos de futuro na investigación mariña e o uso sostible do océano.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia vai contar o vindeiro curso 2023-2024 'coa oferta máis alta e numerosa de Formación Profesional' da súa historia ao contar con 42.174 prazas de novo ingreso, un 12% máis respecto ao ano académico que remata. 'Créanse 4.500 novas prazas, o que supón que a oferta medra en todas as áreas e todos os sectores', indicou Rueda. Rueda explicou que esta oferta foi deseñada a través do Plan Conecta FP Galicia que busca coñecer as necesidades do tecido produtivo galego 'e adaptar a oferta formativa ás demandas actuais das empresas'.
A reciclaxe de envases de plástico, metal (latas), briks e papel e cartón en Galicia incrementouse en algo máis dun 6 % en 2022 respecto ao ano anterior. Así se desprende dos datos que manexa a entidade Ecoembes, organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país e que desde hai anos coopera coa Xunta co fin de mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos. Tendo en conta só os datos que dependen de Ecoembes, o ano pasado remitíronse a instalacións recicladoras para darlles unha nova vida 73.744 toneladas de envases lixeiros e de papel-cartón en toda Galicia, 4.451 toneladas máis que en 2021.
A celebración do Día mundial do doante de sangue coincidiu co 30 aniversario do inicio das campañas postas en marcha en Galicia para animar aos cidadáns a facerse doantes. Neses tres decenios, as doazóns anuais se incrementaron nun 50%, ao pasar das 69.000 do ano 1993 ás 106.000 do ano 2022. En total, os galegos e as galegas fixeron máis de tres millóns de doazóns de sangue. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou este incremento no acto de conmemoración do Día mundial do doante de sangue, no que se celebrou tamén que a Comunidade galega cumpra tres decenios organizando campañas para animar a doar e salvar vidas.
Este ano son 113 areais, 12 portos deportivos e 14 centros azuis (aulas do mar ou da natureza) os que acadan bandeira ou certificado azul pola calidade das súas augas, a xestión medioambiental e os servizos ofrecidos. Logran por primeira vez este distintivo as praias de Caranza (Ferrol) e O Adro (Vigo) e recupérano a praia de Rodeira (Cangas) e o porto de Pedras Negras (O Grove). Ademais Galicia conta con 35 sendeiros con bandeira azul -entregadas no mes de febreiro- que a sitúan como a comunidade con máis camiños que acadan esta distinción de todo o país.
A guerra de Ucraína, o cambio climático, a inflación
o contexto de crise global ten múltiples repercusións en moi variados escenarios, entre outros no da igualdade de xénero e a loita contra a violencia machista. Este impacto da multicrise é un dos temas centrais que se abordan nas VIII Xornadas Universitarias Galegas de Xénero que se celebran en Vigo. A organización desta edición da cita das oficinas de igualdade das universidades galegas correspóndelle á UVigo e ten como lema Epistemoloxías feministas en acción.
Como cada ano, a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia acolle catro salóns paralelos co Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), a Feira de caza, pesca e natureza (Fecap Abanca), o Salón Turístico de Galicia (Turexpo), e a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se converten nos mellores escaparates do carácter punteiro galego en cada un destes sectores. A eles súmanse eidos como a gandería, o enerxético a través da biomasa, o da maquinaria agrícola ou o das mascotas. O evento prolóngase ata o domingo 11, con acceso de balde.
A Fundación Cidade da Cultura programa para este Verán no Gaiás medio cento de actividades pensadas para todos os públicos e cun amplo e variado abano de contidos, que inclúen música, campamentos urbanos, grandes espectáculos familiares de circo, maxia e rock e novas exposicións para gozar da arte dentro e fóra do Museo Centro Gaiás. Entre as novidades, destaca o regreso, logo do parón provocado pola pandemia, de Cidade Imaxinaria, unha das grandes actividades para toda a familia da programación da Cidade da Cultura. Toda unha xornada festiva de teatro, música, circo, xogos e obradoiros ao aire libre que porá o colofón final ao Verán no Gaiás.
O proxecto Transferencia de Coñecemento Educativo (EKT, polas súas siglas en inglés) é unha alianza de coñecemento para a educación superior que coordina o grupo de Tecnoloxía Educativa da USC coa participación dun total de once socios académicos e tecnolóxicos de seis países da Unión Europea.
O xurado do IX Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, que convocan o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC e o Consello Económico e Social de Galicia, deu a coñecer o seu ditame para distinguir aqueles traballos de investigación que contribúen ao mellor coñecemento da realidade económica e social de Galicia.
'Un encontro para conectar e coñecerse', así definiu David Posada, catedrático e investigador do Cinbio, a Reunión de Jóvenes Investigador@s en el Extranjero, celebrada en Vigo, tras as doce edicións en A Coruña. A investigadora María Mayán do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña foi a encargada de dar a benvida ao IYI Meeting aos preto de 80 investigadores participantes.
O debuxo da lucense Sabela Giz Castro, de 10 anos, alumna do Colexio PP. Franciscanos, ilustra a felicitación do Nadal do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), como gañador no concurso de debuxo infantil convocado polo Colexio con este fin.
Non existe ningunha estatística oficial que reflicta cantas investigadoras e investigadores españois traballan no estranxeiro na actualidade, pero aínda que as universidades e os organismos públicos de I+D tratan de reter o talento e de traer de volta o que xa optou por emigrar, este colectivo segue medrando. Algúns deles regresan á casa polo Nadal, unha boa ocasión para organizar unha xuntanza.
Os Bolechas este Nadal recibirán unha visita moi especial... non se trata dos Reis Magos de Oriente, nin de Papá Noel, nin tan sequera do Apalpador... Tampouco chegará en camelos, como os Magos de Oriente, nin en burro como o Apalpador, nin en zorra tirada por renos como Papá Noel... É unha bruxa! Pero unha bruxa boa... moi, moi boa... molto buona! É a bruxa Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos.
Impulsada pola Universidade de Vigo, a Asociación de Familiares y Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia (Afaga) e a entidade de innovación social Atendo, a Cátedra de Idadismo nacía neste 2022 co obxectivo de combater o conxunto de prácticas laborais, sociais e políticas que discriminan ás persoas por razón da súa idade.
A decana da Facultade de Matemáticas da USC, María Elena Vázquez Cendón, recibirá o premio María Josefa Wonenburger 2022. A nova deuse a coñecer no último pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia, na que se tivo en conta a carreira de investigación e divulgación da matemática. 'É o corolario a un traballo feito', afirmou a profesora da USC logo de coñecer a nova da concesión. 'Sinto moita alegría e gratitude', sinalou.
Un sistema de tarifas variables podería servir para que a cidadanía tome conciencia e se responsabilice dos problemas ambientais derivados dos residuos que produce? A investigación desenvolvida na USC por Álvaro Fernández Braña profunda nesta cuestión ao abordar o coñecido como pay-as-you-throw (PAYT) paga só polo que botas ao lixo instaurado dende hai décadas en países da Europa Central.
Preto dun 20% dos e das adolescentes galegas presentan síntomas de depresión grave e moderada. Ademais, o 12,7% ten ideas suicidas recorrentes. Estas cifras multiplícanse por 3 ou 4 entre as persoas que padecen acoso escolar. Son datos extraídos do informe Adolescencia, Tecnoloxía, Saúde e Convivencia elaborado por USC e Fundación Barrié, cunha mostra final, logo dun proceso de depuración, de 8.833 adolescentes.