
Este é o obxectivo da Reunión de Jóvenes Investigador@s en el Extranjero que este ano, por primeira vez, se celebrará en Vigo.
Organizada polo Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio, en colaboración co Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (Inibic), reunirá arredor de 80 mozos e mozas investigadores que traballan fóra da España na décimo terceira edición que se vai celebrar o dÃa 27 de decembro na sede de Afundación a partir das 10.00 horas.Â
Italia, Estados Unidos, Reino Unido, Bélxica, Alemaña, Francia ou Suecia son algúns dos paÃses nos que desenvolven a súa carreira profesional as e os participantes desta cita que, cada ano, reúne a persoal investigador junior galego no estranxeiro que desenvolve a súa carreira profesional principalmente arredor de liñas de investigación vinculadas á biomedicina. O obxectivo é fomentar sinerxÃas e brindarlles a oportunidade de aproveitar a súa volta a Galicia polo Nadal para dar a coñecer o seu traballo e informarse de posibles opcións de retorno. “Esta reunión permÃtenos crear e manter o vÃnculo con todas as investigadoras e investigadores que están fóra de Galicia por distintos motivos”, afirma David Posada, catedrático e investigador do grupo de Filoxenómica do Cinbio e membro do comité organizador desta cita. Tras doce edicións celebradas na cidade de A Coruña, “este ano o IYI Meeting viaxa por primeira vez a Vigo coa idea de comezar a rotar esta reunión por diferentes puntos de Galicia e facilitar asà a asistencia de todas as investigadoras e investigadores interesados”, explica Posada, que engade un agradecemento especial a MarÃa Mayán e ao seu laboratorio do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (Inibic).
Biomedicina como temática protagonista
A xornada dará comezo ás 10.00 horas cun acto de apertura no que participarán MarÃa Mayán e David Posada, como membros do comité organizador, xunto coa vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, Belén Rubio; o director do Cinbio, Miguel Correa, e Hugo López, secretario da asociación InvestiGal (Rede Galega pola Investigación) e investigador do grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING) do Cinbio.Â
Ao longo da mañá sucederanse un total de vinte charlas breves divididas en tres bloques, nas que as cientÃficas e os cientÃficos participantes presentarán traballos de diversos ámbitos da ciencia, destacando a biomedicina como temática central. Por exemplo, abordaranse temas como o papel de TBX4 na hipertensión arterial pulmonar, o machine learning para o diseño molecular; o uso de neuroestimulación do cerebelo para comprender comportamentos sociais; a xenética de poboacións aplicada a pesqueiras en Groenlandia; a causas xenéticas de múltiples nevus melanocÃticos conxénitos: o modelado estatÃstico de sintonización direccional para picos neuronais; a biodiversidade do solo e a súa importancia para a saúde dos agroecosistemas ou o papel da carga mecánica na homeostase e a enfermidade da cartilaxe.
A xornada pecharase cunha votación para elixir as mellores intervencións e a entrega de premios e cunha sesión de micro aberto.Â
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.