Noticias

Galicia é a terceira comunidade con máis bandeiras azuis (139), unha de cada cinco praias españolas que conta coa distinción é galega

Este ano son 113 areais, 12 portos deportivos e 14 centros azuis (aulas do mar ou da natureza) os que acadan bandeira ou certificado azul pola calidade das súas augas, a xestión medioambiental e os servizos ofrecidos. Logran por primeira vez este distintivo as praias de Caranza (Ferrol) e O Adro (Vigo) e recupérano a praia de Rodeira (Cangas) e o porto de Pedras Negras (O Grove). Ademais Galicia conta con 35 sendeiros con bandeira azul -entregadas no mes de febreiro- que a sitúan como a comunidade con máis camiños que acadan esta distinción de todo o país.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que as 139 bandeiras e distintivos azuis que recibe este ano Galicia acreditan o compromiso da comunidade coa conservación do patrimonio natural e consolídana como un referente do turismo seguro e sustentable. Durante a entrega dos distintivos deste ano, celebrada no concello coruñés de Arteixo, Rueda subliñou que Galicia "é a terceira comunidade con máis bandeiras azuis" e lembrou que "unha de cada cinco praias" con este distintivo en España é galega.

Este ano son 113 areais, 12 portos deportivos e 14 centros azuis (aulas do mar ou da natureza) os que acadan bandeira ou certificado azul pola calidade das súas augas, a xestión medioambiental e os servizos ofrecidos. Logran por primeira vez este distintivo as praias de Caranza (Ferrol) e O Adro (Vigo) e recupérano a praia de Rodeira (Cangas) e o porto de Pedras Negras (O Grove). Ademais Galicia conta con 35 sendeiros con bandeira azul -entregadas no mes de febreiro- que a sitúan como a comunidade con máis camiños que acadan esta distinción de todo o país.

O presidente resaltou que conseguir e manter estes galardóns é un traballo conxunto "entre as administracións" e subliñou "a importancia" que teñen estes distintivos como reclamo turístico. "Nun mundo cada vez máis globalizado, onde a xente busca máis información á hora de elixir unha praia ou onde pasar as vacacións é moi importante contar con indicios fiables como son as bandeiras azuis", indicou Rueda, quen lembrou que acadar esta distinción supón "un esforzo importante" para cumprir "cos criterios rigorosos” do proceso, pero "merece a pena".

Rueda salientou que os galardóns hoxe entregados permiten consolidar Galicia como un destino seguro e sostible. "Temos un tesouro que coidar entre todos", indicou o presidente, que subliñou que "Galicia está de moda e debemos traballar para que non sexa unha moda pasaxeira". Nesta liña, instou a seguir mellorando as infraestruturas turísticas, os servizos portuarios e a garantir o pleno equilibrio entre a protección do medio ambiente e actividade socioeconómica como fai o Goberno galego a través da futura Lei de ordenación e xestión integrada do litoral.

Novo récord do sector turístico

O presidente lembrou que o ano pasado rexistráronse máximos históricos de turistas na comunidade e os últimos datos acreditan que a tendencia mantense neste 2023. No primeiro cuadrimestre chegaron 1,3 millóns de visitantes -un 19 % máis que no mesmo período de 2022- e bateuse récord histórico de pernotacións (2,3 millóns). Ademais, Galicia pechou maio co número de peregrinos máis alto acadado nunca nese mes: por riba dos 61.000, é dicir, case un 30 % máis que en maio de 2022.

R., 2023-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES