
O estudo da USC enmárcase no proxecto europeo LIFE PAYT que analiza o desenvolvemento experimental deste sistema en cinco localidades do sur da Europa pertencentes a Chipre, Grecia e Portugal. A investigación, froito da tese de doutoramento de Fernández Braña, conclúe que a medida que os prezos na tarifa do lixo se ven incrementados en función da cantidade de residuo producida, máis habitantes deciden adoptar prácticas sustentables.
O catedrático da USC Gumersindo Feijoo Costa dirixiu esta investigación xunto coa profesora da Universidade Aberta de Portugal, Célia Dias Ferreira. O estudo tomou como punto de partida os sistemas de pagamento do servizo de xestión de residuos desligados da súa xeración –caso das taxas de valor fixo, habituais en Galicia, ou vinculadas a unha variable allea á produción de residuos–, nos cales non existe recompensa para quen menos lixo produce. “Proba diso é que as porcentaxes de recolla selectiva de materiais reciclables tenden a ficar invariables nos últimos anos. Vólvese preciso, pois, atopar unha maneira efectiva de responsabilizar a cidadanÃa dos problemas ambientais derivados dos residuos que producen, e iso poderÃa lograrse por medio das tarifas variables”, apunta Fernández Braña. “Porén, non está claro cales son as razóns de fondo que explican o éxito (ou fracaso) deste tipo de tarifas, nin en que medida poden incidir no medio ambiente as súas consecuencias”, engade o investigador.
Análise novidosa
Para dar resposta a estas cuestións, a tese valeuse principalmente da metodoloxÃa de Análise de Ciclo de Vida (ACV), para estudar os resultados prácticos obtidos nunha das localizacións experimentais, correspondente a un barrio especÃfico da cidade portuguesa de Aveiro. O investigador fixo uso da ACV para modelar os efectos derivados da mudanza de comportamento da xente como resultado da adopción da nova tarifa. Esta pretensión obrigou a asociar unha técnica de análise ambiental como é a ACV cunha análise sociolóxica dos comportamentos desta poboación. Esta análise foi realizada desenvolvendo un Modelo Baseado en Axentes, que permitiu simular a reacción da comunidade á nova situación. “Esta ligazón entre dúas metodoloxÃas analÃticas de ámbitos diferentes é novidosa na análise da xestión de residuos e abre un novo campo de posibilidades para novos traballos na materia”, apunta Fernández Braña.
Os resultados da simulación, baseada nos datos de campo obtidos, amosan que a medida que os prezos a pagar na tarifa do lixo aumentan, máis habitantes deciden adoptar prácticas sustentables. “O resultado confirma que non é unicamente o valor pagado na tarifa o factor que induce á mudanza de hábitos, senón a percepción que se ten, tanto de sometemento a un control externo, como do control interno da persoa sobre ese mesmo prezo por medio das súas accións”, aclara o investigador. Outros factores relevantes son a propia conciencia persoal no relativo á sensibilidade co medio ambiente, asà como a concienciación exercida pola presión social da veciñanza. O grao de compromiso da cidadanÃa ten o seu reflexo no resultado ambiental: canto máis sustentable é o comportamento das persoas fronte ao lixo, menores son os impactos ambientais que este xera. Con todo, esta mellora é limitada. “A medida que o aumento do prezo da tarifa se incrementa, máis difÃcil se volve reducir aÃnda máis o impacto ambiental dos residuos, dado que a marxe de mellora dispoñible vai sendo cada vez menor”, matiza.
Tribunal e cualificación
Como resultado da tese, publicáronse diversos artigos en revistas cientÃficas, asà como contribucións a congresos internacionais especializados na temática da xestión de residuos. O tribunal encargado da súa avaliación e cualificación estivo presidido pola profesora da USC Sara González GarcÃa, acompañada de Giuseppe Mancini, profesor da Universidade de Catania (Sicilia) e presidente da Asociación Italiana de EnxeñarÃa Ambiental e do Territorio; e o doutor Konstantinos Moustakas, investigador da Universidade Técnica Nacional de Atenas (Grecia). Este tribunal acordou por unanimidade conceder a cualificación de sobresaÃnte cum laude a esta investigación de doutoramento. Fernández Braña pertence ao Centro Interdisciplinario de Investigación en TecnoloxÃas Ambientais da USC (CRETUS).
A Xunta de Galicia vén de remitir ás organizacións sindicais a proposta para adiantar a 2028 a redución de ratios na etapa de Secundaria, que será abordada na Mesa Sectorial Docente que terá lugar o vindeiro dÃa 30. A documentación elevada pola ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP recolle que a partir de setembro de 2028 implantarase a redución de ratios ata 25 alumnos por aula na ESO fronte aos 30 vixentes no conxunto de España. Esta diminución arrancará para 1º curso de ESO e irá implementándose ano a ano e curso a curso. Unha vez completada toda a etapa de ESO, arrancará a redución a 30 alumnos por aula en Bacharelato, fronte aos 35 a nivel estatal, aÃnda que en Galicia xa está a 33.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o nome dos galardoados coas Medallas Castelao 2026, despois de que o Consello aprobase concedérllelas ao músico Esteban Batallán Cons, á cientÃfica Mar Capeáns Garrido, ao atleta Adrián Ben, á propietaria dos restaurantes La Penela, MarÃa Barallobre, e á Fundación Andrea. É un dos recoñecementos máis importantes da nosa Comunidade. O Consello acordou recoñecer o traballo da Fundación Andrea, que apoia de xeito integral ás familias con nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.