
No seu propósito de facer visible esta problemática, desde a cátedra impulsaron unha serie de xestións dirixidas a que o termo edadismo fose incluÃdo no dicionario da Real Academia Española (RAE), algo que acontecerá neste mes de decembro, segundo confirmou aos seus responsables o académico DarÃo Villanueva.Â
“Para poder loitar contra este ismo, primeiro temos que poñerlle nome”, salienta a directora da cátedra, a profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Ana Belén Fernández Souto, que explica que para o impulso desta iniciativa contactaron co galego DarÃo Villanueva, que ocupa a letra D como académico de número da RAE e quen “amosou o seu interese porque o termo” pasase a formar parte do dicionario. Recentemente, Villanueva confirmou aos e ás responsables da cátedra que edadismo incorporarase ao Diccionario de la lengua española ao longo deste mes de decembro, “o que supón un grande éxito e un importante logro alcanzado da man de todos os hispanofalantes e as 24 academias” que integran a Asale, a Asociación de Academias da Lingua Española, salientan desde a cátedra.
A voz edadismo fora xa aprobada na Comisión de Ciencias Humanas da RAE en 2019 e “tras a xestión de pospleno e a conformidade das academias americanas”, acordouse a súa incorporación ao dicionario da lingua española, explican desde a cátedra. Isto levará a que o termo pase a forma parte da versión gratuÃta deste dicionario, que pode consultarse na web da RAE e que se actualiza cada ano.Â
Asà mesmo, desde a Cátedra de Idadismo lembran que desde o departamento da academia Español al dÃa, que ten como principal cometido resolver dúbidas de carácter lingüÃstico, xa tiñan respondido a través das redes sociais diferentes consultas sobre este termo. Nelas sinalaban que edadismo, como equivalencia da verba inglesa ageism, pode empregarse en castelán como un termo “que fai referencia á discriminación das persoas baseada na idade”.Â
Idadismo tamén formará parte do dicionario da RAG
Nese obxectivo da cátedra de facer visible o problema do idadismo, a Cátedra Afaga-Atendo impulsou tamén a inclusión deste termo no Dicionario da Real Academia Galega, o que levou a que o Seminario de LexicografÃa da RAG acordase a finais de outubro a incorporación tanto do termo idadismo, definido como a “discriminación contra persoas ou colectivos por razón de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores”, como da voz idadista.
Presentada publicamente o pasado mes de setembro, a primeira cátedra sobre o idadismo de España naceu co obxectivo de “consolidar a loita” contra esta forma de discriminación “desde o ámbito da comunicación, a través da realización de cursos, seminarios e conferencias; organización de actividades académicas; intervencións educativas a todos os niveis; promoción da investigación; xeración de contornas amigables e fomento da relación interxeracional”, como explicou Fernández Souto. O impulso desta iniciativa foi recoñecido o pasado mes de outubro nos Premios RIES, que promove o Clúster Saúde de Galicia, e que outorgou a esta cátedra o Premio Comunidade CSG.Â
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.