
Tras a intervención dos dous investigadores membros do comité organizador, a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, Belén Rubio, presentou as distintas oportunidades de retorno que institucións como a Universidade de Vigo brindan ao persoal investigador junior galego que traballa no estranxeiro. A vicerreitora destacou “a captación de talento e a inversión en persoas con grandes ideas” como pilares básicos que enriquecen á universidade. Na importancia das persoas que forman parte dun centro de investigación incidiu, pola súa banda, o director do Cinbio, Miguel Correa, quen sinalou que “captar talento e acompañar aos investigadores e investigadoras na súa carreira profesional, brindándolles apoio en forma de equipamento e formación, é un dos obxectivos fundamentais do Cinbio”. Tamén participou na apertura Hugo López, investigador do grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING) do Cinbio, que presentou as liñas de actuación e obxectivos principais da asociación InvestiGal (Rede Galega pola Investigación), da que é secretario, subliñando o seu papel como “axente de diálogo na dignificación da carreira investigadora”.
20 charlas para presentar as liñas de traballo dos e das novas investigadoras
Ao longo da mañá, sucedéronse preto de vinte charlas breves, nas que as cientÃficas e os cientÃficos participantes presentaron o seu traballo nos diversos ámbitos da ciencia, destacando a biomedicina como temática central. As e os poñentes abordaron temas como o papel de TBX4 na hipertensión arterial pulmonar, o machine learning para o deseño molecular; o uso de neuroestimulación do cerebelo para comprender comportamentos sociais; a xenética de poboacións aplicada a pesqueiras en Groenlandia; ou a biodiversidade do solo e a súa importancia para a saúde dos agroecosistemas.
A xornada rematou coa elección das tres mellores intervencións tras a votación das e dos asistentes. Buscando condensados biomoleculares no ciclo celular, de Tomás Edreira, da University of Gothenburg de Suecia, foi elixida a mellor charla do encontro, seguida de Genetic causes of multiple congenital melanocytic naevl, de Alicia L. Bruzos de The Francis Crick Institute (UK) e Heterophagy in the skeletal muscle, da investigadora Laura Pena do CNIC.
Durante o acto de apertura, anunciouse que a próxima sede que acollerá o IYI Meeting será Santiago de Compostela, co obxectivo de “dar visibilidade aos centros de investigación de Galicia”, sinalou MarÃa Mayán.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.