//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
As bandas galegas terán unha importante presenza na décima edición da Monkey Week Son Estrella Galicia, que por terceiro ano consecutivo se celebra en Sevilla. Once delas desprázanse ata a capital sevillana co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través do acordo acadado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a organización deste encontro internacional para dar conta baixo a marca GalicianTunes da puxanza da nosa escena musical independente a nivel estatal. Novedades Carminha é, por exemplo, un dos cabezas de cartel da que é a edición máis grande, profesional e internacional da Monkey Week, que se desenvolve durante toda a semana en numerosos escenarios de Sevilla.
Trátase dun servizo de atención psicolóxica especializada que terá carácter inmediato e que se prestará a requirimento das forzas e corpos de seguridade en todos os partidos xudiciais galegos nos momentos posteriores a unha agresión ou situación violenta. Activarase a través dunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres que contactará co psicólogo ou psicóloga correspondente para que acuda ao lugar demandado, o que facilitará prestar atención psicolóxica nun dos momentos máis determinantes para as vítimas de violencia de xénero.
Os Obradoiros de Sabores son un espazo especialmente deseñado para dar a coñecer os produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, así como da industria agroalimentaria galega, aos representantes máis relevantes dos sectores da comercialización por xunto, importadores e cos restauradores do país. Nel a prensa especializada tamén ten un lugar relevante, transformando esta iniciativa deste xeito nun escaparate dos produtos galegos comercializados nese país.
Galicia iniciou en 2010 unha aposta pola dixitalización da educación coa posta en marcha do Proxecto Abalar, una iniciativa que implicaba a toda a comunidade educativa: pais, nais, titores legais, docentes, e alumnado. Oito anos despois, 6.000 aulas de 5º e 6º de educación primaria, Educación Secundaria e Bacharelato son dixitais e 18.000 alumnos desenvolven a súa actividade educativa a través dunha plataforma de contidos.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro, por vento e por choiva nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir desta noite esperase mar combinada con ondas que poderán superar os 6 metros e vento en mar de forza 7-8. Afectará ao litoral do oeste e noroeste da provincia da Coruña. A partir das 9,00 horas de mañá, actívase tamén a alerta laranxa por choiva. Estímase que poden chegar a acumularse 80mm en 12 horas.
O concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuaiscon motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do Día Internacional contra a violencia de xénero entra na súa última semana de prazo, que rematará o próximo venres 9 de novembro. A iniciativa está dirixida a calquera centro educativo de ensino non universitario de Galiciar. O obxectivo é promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero, e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2017, que reflicte que Sofía e Martín continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia. Ademais, como novidade destaca que Lucas substitúe a Mateo como o segundo nome máis frecuente entre os nenos. Os nomes de mulleres máis frecuentes son Sofía, Noa, Daniela, Martina e Sara. Se se compara co 2016, Alba desaparece da lista dos cinco primeiros nomes máis empregados e é substituído por Daniela.
As titulacións que se abordarán ao longo deste curso divídense en dous grupos. Por unha banda, 7 titulacións que, aínda que contan con demanda, están a ofertarse en máis dunha universidade do sistema. Neste caso proporanse accións para diversificar a oferta mediante orientacións. Por outra banda, traballarase na redefinición de tres parellas de enxeñarías habilitantes que se imparten en dúas universidades diferentes e comparten unha falta xeneralizada e persistente de alumnado. Ningunha destas parellas de enxeñarías acada no presente ano académico os 50 alumnos matriculados.
O proxecto Stay here, do sevillano Alejandro Ginés, resultou gañador da VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018. Trátase dunha peza escultórica, a modo de torre coroada por unha cadeira pregada, que converte as edificacións ideadas por John Hejduk e construídas por Peter Eisenman no Gaiás a modo de homenaxe nunha especie de enxeñosa matrioska, que convida á participación de quen a ve, tanto no seu posible manexo como nas súas múltiples lecturas.
A Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebra o vindeiro sábado 10 de novembro a segunda edición da súa xornada de divulgación «Ciencia Singular», un encontro que convida á cidadanía galega a coñecer in situ a investigación de excelencia que realizan CiQUS, CiMUS e CiTIUS. Adentrarse nun centro de investigación científica de excelencia para coñecer de preto ao seu persoal e o traballo que este desempeña.
No perfil de Facebook inclúense entradas sobre cuestións de actualidade relacionadas co espazo europeo, e nas páxinas do Boletín atoparanse novas sobre a USC, sentenzas e lexislación, anuncios de oportunidades de emprego, prácticas ou financiamento. A web tamén está renovada.
A directora de Turismo de Galicia destacou que se trata dunha útil ferramenta de axuda tanto para o turista potencial que queira coñecer Galicia como para o viaxeiro que estea xa a visitar a nosa comunidade. Unha das vantaxes mais salientables desta nova aplicación permite que o usuario poida descubrir os recursos recursos que ten preto mediante a xeorreferenciación.
O traballo, realizado por científicos da Universidade da Coruña, resulta gañador do Premio de Investigación 2015 da Real Academia Galega de Ciencias. O Premio de Promoción de Novos Investigadores tamén estuda as nanopartículas e correspóndelle a un químico da Universidade de Vigo.
Participan preto de 70 relatores de países coma Italia, Francia, Chipre, Bulgaria ou Eslovaquia. Logo do debate, os expertos terán a oportunidade de degustar a partir do 14 de xaneiro a gastronomía local e coñecer diferentes lugares da cidade, na parte histórica e comercial.
Con motivo da celebración dos exames da convocatoria do primeiro cuadrimestre do curso 2015-2016 na Universidade galega, a USC reforza o horario de apertura das bibliotecas nos campus universitarios da capital galega e da cidade das murallas.
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, presentou unha pregunta parlamentar na Cámara europea polo alto risco dunha nova catástrofe marítima que puido ocasionar o Front Serenade o pasado 2 de xaneiro, un petroleiro con 300.000 toneladas de crudo.
Sanidade coordinará o proxecto Empattics, que conta cun presuposto de 5 millóns de euros, o de maior orzamento en compra pública precomercial da Comisión Europea. O obxectivo deste proxecto Horizon 2020 da CE é incrementar a concienciación e o coñecemento sobre a adherencia terapéutica e a información para o autocoidado dos pacientes.
A Estratexia Conecta Ourense (ECOU) ten como obxectivo principal contribuír á creación dun espazo metropolitano en torno á capital para xerar crecemento e desenvolvemento con impacto provincial. Manuel Baltar e Jesús Vázquez pechan un acordo de colaboración na cidade.
A Universidade de Santiago de Compostela é a décima das universidades españolas pola calidade e cantidade das súas publicacións científicas. Décima das universidades españolas, ocupa o posto 381 entre máis de 2.000 institucións investigadoras do mundo, según o University Ranking by Academic Performance (URAP).
O deseño de Teresa Xiaoyu Aboal impúxose por unanimidade como gañador do terceiro concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva. O orzamento da USC para 2016 ascende a 219,29 millóns de euros, segundo o documento aprobado polo Consello de Goberno e que debe ratificar o Consello Social.