
O Centro de Estudos e Documentación Europeos estrea portal web
Tamén retoma a publicación do seu Boletín Mensual e abre perfil en Facebook
Actualizada: 12-01-2016 11:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) acaba de estrear novo portal web no que, entre outros contidos, tamén se retoma a publicación do Boletín Mensual do centro. Este servizo universitario emprazado na Facultade de Dereito ademais puxo en marcha a finais de 2015 a súa conta de Facebook.
A maiores de información sobre a Unión Europea, as súas institucións, políticas e actividades, a nova web do CEDE contén orientación sobre prácticas e emprego nos estados da Unión Europea, bibliografía para investigación e traballos académicos, así como guías de uso das bases de datos oficiais da UE. Mentres no perfil de Facebook inclúense entradas sobre cuestións de actualidade relacionadas co espazo europeo, nas páxinas do Boletín atoparanse novas sobre a USC, sentenzas e lexislación, anuncios de oportunidades de financiamento, prácticas e emprego- para os distintos colectivos da comunidade universitaria e textos elaborados por profesorado universitario.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.