Notas de prensa

Refórzase o horario de apertura das bibliotecas universitarias nos campus de Compostela e de Lugo

Con motivo da celebración dos exames da convocatoria do primeiro cuadrimestre do curso 2015-2016 na Universidade galega, a USC reforza o horario de apertura das bibliotecas nos campus universitarios da capital galega e da cidade das murallas.

A Biblioteca Universitaria continúa coa ampliación dos seus horarios habituais. Así, ata o 23 de xaneiro a Biblioteca Intercentros luguesa abrirá ata as 3.00 horas, un horario similar ao que terá a Concepción Arenal ata o 6 de febreiro.

A estas propostas hai que sumar o reforzo da Sala de Lectura da Facultade de Dereito, que dende este luns 4 abrirá as 24 horas do día ata o 23 de xaneiro. Do mesmo xeito, a Biblioteca Xeral e a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais abrirán en horario continuado de 10.00 a 22.00 horas as fins de semana correspondentes aos días 9 e 10 e 16 e 17 de xaneiro.

A Biblioteca mantén activo ademais un enlace para coñecer as estatísticas de uso das salas en horario extraordinario

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-01-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES