
A Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, vai coordinar o proxecto Empattics, cofinanciado pola Comisión Europea, cun investimento de 5 millóns de euros, para o desenvolvemento de tecnoloxías a través de mecanismos de Compra Pública Precomercial. Nesta metodoloxía de innovación, a Consellería de Sanidade e o Sergas son referencia a nivel europeo no ámbito da saúde.
Por medio desta iniciativa, búscanse tecnoloxías para incrementar a adherencia aos tratamentos, facilitar a xestión e o autocoidado dos pacientes, potenciando as ferramentas que axuden aos enfermos a desenvolver actitudes máis saudables, e, ademais, mellorando a comunicación entre os doentes e os profesionais de saúde.
No desenvolvemento deste proxecto, enmarcado na convocatoria Horizon 2020 da Comisión Europea, acompañarán á Consellería de Sanidade outros dous socios españois, o Servizo Aragonés de Saúde e a axencia de comunicación M&C Saatchi, ademais de socios procedentes das rexións de Midtjylland (Dinamarca), lle de France (Francia), Eslovenia e do Reino Unido.
Avaliar o cumprimento do tratamento
Cómpre subliñar que, nos últimos anos, vén de aumentar o interese referido á autoxestión da enfermidade por parte do paciente, o que vai contribuír a que tome decisións non só para aumentar a súa saúde, senón, tamén, o seu benestar, diminuíndo a súa dependencia dos servizos de saúde e contribuíndo, deste xeito, a un uso máis efectivo dos recursos sanitarios.
Unha parte importante desa autoxestión da enfermidade é o aspecto relacionado co apoio á adherencia ao tratamento e a minimización da non adherencia. Sinalar, ao respecto, que a non adherencia ao tratamento está estimada nun 50% en pacientes con enfermidades crónicas. Así, hai moitas evidencias de que enfermos de diabetes teñen dificultades na adherencia ao tratamento o que supón unha diminución da calidade de vida e un mal uso dos recursos sanitarios. En consecuencia, observouse que os enfoques máis efectivos para unha maior adherencia son os que teñen en conta múltiples niveis, e este é o plantexamento que se propón no proxecto Empattics.
En definitiva, Empattics pretende conseguir métodos sinxelos, eficaces e rápidos para avaliar o cumprimento do tratamento, a detección do paciente incumpridor e analizar os factores que determinan o incumprimento mediante entrevistas estruturadas e por medio da aplicación de estratexias dirixidas ao doente e ao coidador.
O pasado día 21 de decembro xa se reuniron en Madrid todos os socios de Empattics para concretar os pasos que se terán que dar a partir do día 2 de febreiro, data oficial de comezo desta iniciativa.
Sinalar, por último, que Empattics lanzará, nos vindeiros meses, un chamamento a outros servizos de saúde europeos que queiran participar nesta iniciativa.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.