Noticias

Inaugurada en Bos Aires unha segunda edición ampliada dos Obradoiros de Sabores ante a elevada demanda rexistrada

Os Obradoiros de Sabores son un espazo especialmente deseñado para dar a coñecer os produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, así como da industria agroalimentaria galega, aos representantes máis relevantes dos sectores da comercialización por xunto, importadores e cos restauradores do país. Nel a prensa especializada tamén ten un lugar relevante, transformando esta iniciativa deste xeito nun escaparate dos produtos galegos comercializados nese país.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de presidir a inauguración dos Obradoiros de Sabores en Bos Aires, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Consellería de Mar, a Consellería do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE que ten como obxecto a promoción de produtos alimentarios de orixe galega, nos ámbitos relacionados co empresariado galego no exterior.

Xunto ao titular do departamento galego, o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, e o embaixador de España na Arxentina, Francisco Javier Sandomingo, foron testemuña de honra do showcooking levado a cabo polo chef Jorge Lago, natural do concello pontevedrés de Caldas de Reis e actual responsable do restaurante de Santiago de Compostela A Maceta, por cuxo labor recibiu en 2017 o Premio Cociñeiro Novo no Fórum Gastronómico celebrado na Coruña. A elevada demanda recibida para asistir ao acto levou á organización a ampliar a súa capacidade, incrementando nun 20% as prazas ata para cada 30 para un dos pases do evento, que se volverán celebrar esta noite e mañá ao mediodía. As catro convocatorias están completas desde hai días e mesmo cunha lista de espera que levou a ampliar a súa capacidade.

Serán, así, un total de 120 os profesionais da restauración, os medios de comunicación, as distribuidoras e o sector da alimentación en xeral os que teñan a oportunidade ao longo destas dúas xornadas de desfrutar dunha clase maxistral de cociña no Club Español da capital arxentina.

Un espazo de gastronomía

“Hai poucos sitios nos que un galego se poida sentir máis a gusto que en Bos Aires e rodeado de bos produtos do mar e a terra galegos e de chefs que os saben convertir nun tesouro único. Os Obradoiros de Sabores naceron coa idea de traer a esta beira do Atlántico, que sentimos case tan nosa como a outra, un pouco máis de nós. Logo de coidar dos nosos compatriotas, de integralos na vosa cultura, costumes e realidade cotiá, queríamos facervos partícipes tamén deste luxo co que nos agasalla todos os días a nosa terra: a cociña”, salientou Miranda.

Os Obradoiros de Sabores son un espazo especialmente deseñado para dar a coñecer os produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, así como da industria agroalimentaria galega, aos representantes máis relevantes dos sectores da comercialización por xunto, importadores e cos restauradores do país. Nel a prensa especializada tamén ten un lugar relevante, transformando esta iniciativa deste xeito nun escaparate dos produtos galegos comercializados nese país. Durante o showcooking/degustación infórmase aos asistentes das especiais características dos produtos galegos, facendo especial fincapé nos produtos galegos de calidade diferenciada e de marcas de calidade.

O evento contou, ademais, coa colaboración do Club Español de Bos Aires, presidido polo galego José Benito López Carballedo, e o Hotel NH City And Tower, propiedade doutro destacado emigrante galego, Florencio Aldrey Iglesias. Tamén procedentes de Galicia chegaron os produtos cos que se prepararon as elaboracións, cedidos por Daveiga, Naiciña, Lestedo, Quesaría Prestes, Conservas Los Peperetes, Algas de Portomuíños, Terras da Mariña, Fabas de Lourenzá, Grelos Milhulloa e as adegas Crego e Monaguillo, Veiga da Princesa, D´Berna, Manuel Rojo e Peza do Rei.

R., 2018-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES